Mundo
Un estudo evidencia a necesidade de apoiar o asociacionismo a prol da lingua galesa perante a crise xerada pola covid-19
Un informe elaborado no País de Gales revelou que a crise provocada pola covid-19 está pondo en risco a supervivencia de asociacións ou grupos que loitan pola protección e promoción da lingua galesa. O estudo tamén evidencia a necesidade de aprobar medidas para apoiar estes grupos.
Fonte: Nation Cymru
Un arqueólogo da Universidade de Teherán descifra a escrita da lingua elamita
Un arqueólogo francés da Universidade de Teherán conseguiu descifrar o significado da escrita do elamita, lingua antiga que se falaba en Irán hai 4000 anos.
Fonte: Euro Weekly News
A República de Vanuatu aprobará leis para protexer a súa diversidade lingüística
A República de Vanuatu, un país localizado no Océano Pacífico, aprobará unha lexislación que garanta a preservación da súa importante diversidade lingüística. O país insular conta con 138 linguas para unha poboación de 300 000 persoas.
Fonte: RNZ
A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos investigará se a entidade pública Enaire vulnera os dereitos lingüísticos
A Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos comunicou á Mesa pola Normalización Lingüística a súa intención de abrir unha investigación sobre unha suposta vulneración dos dereitos lingüísticos por parte da entidade pública Enaire de dúas traballadoras por se expresaren en galego.
Fonte: Nós Diario
A Oficina Pública da Lingua Occitana publica material informativo en occitano sobre as medidas da covid-19
A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) puxo a disposición de comerciantes e empresas material informativo en diferentes variedades do occitano sobre as medidas preventivas da covid-19.
Fonte: Jornalet
Medra o número de británicos que aprenden linguas estranxeiras

A días de que a saída do Reino Unido da Unión Europea sexa efectiva, parece que a sociedade británica decidiu mostrar máis interese por achegarse lingüisticamente a outras culturas. De acordo con estudos realizados por empresas que ofrecen servizos lingüísticos como Duolingo, a aprendizaxe de linguas estranxeiras no Reino Unido medrou dúas veces máis rápido que no resto do mundo.
Fonte: The Guardian
A cidade neozelandesa de Auckland inaugura a sinalización bilingüe
A urbe neozelandesa de Auckland inaugurou a sinalización bilingüe inglés-maorí nun parque da cidade. A iniciativa forma parte dun programa para normalizar o uso da toponimia na lingua vernácula.
Fonte: RNZ
Os institutos de toda Francia poderán aprender bretón a distancia a partir do ano que vén
O Consello Rexional da Bretaña anunciou que o Centro Nacional de Ensino a Distancia (CNED, polas súas siglas en francés) porá a disposición de todos os institutos de Francia cursos de bretón en liña a partir do próximo curso académico.
Fonte: Ouest France
O Parlamento Europeo apoia a iniciativa cidadá que solicitaba máis protección para as linguas e culturas minorizadas

O Parlamento Europeo aprobou por maioría unha resolución para apoiar a iniciativa cidadá europea Minority Safepack que demandaba maior protección para as culturas e linguas minorizadas no seo da Unión Europea. O Parlamento declarou ademais que as minorías lingüísticas están sufrindo procesos de asimilación o que leva á perda das súas linguas e a un empobrecemento cultural.
Fonte: European Parliament
O ministro de Transportes de Nova Zelandia comprométese a aplicar unha política de sinais de tráfico bilingües
O ministro de Transportes de Nova Zelandia, Michael Wood, quere aplicar unha política bilingüe inglés-maorí nos sinais de tráfico en todo o país.
Fonte: Otago Daily Times
Boletín
Subscríbase ao boletín