Mundo

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea celebra a súa primeira audiencia en gaélico irlandés

O gaélico irlandés deu un paso de xigante como lingua oficial na Unión Europea despois de que o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo celebrase a primeira audiencia nesta lingua. O 1 de xaneiro de 2022, o gaélico pasará a ser lingua de traballo de pleno dereito.

Fonte: Euronews

Unha nova canle de televisión emitirá contidos en lingua inuit

Unha nova canle de televisión, Uvagut TV, emitirá en diferentes lugares do Canadá contidos exclusivamente en linguas inuit, incluída programación infantil.

Fonte: Richmond News

Abre na China un centro de formación para docentes de lingua portuguesa

A Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín abriu o Centro Nacional de Formación de Docentes de Español e Portugués co fin de garantir e afianzar a calidade do ensino da lingua portuguesa na China continental.

Fonte: Observador

A canle de televisión RTP Internacional comeza a emitir un espazo de lingua portuguesa destinado a alumnado estranxeiro

A canle RTP Internacional comezou a emitir o programa Português - Língua Não Materna que ofrece contidos de lingua portuguesa a alumnado estranxeiro ou lusodescendentes da diáspora.

Fonte: TV Europa

Suecia esixirá un coñecemento mínimo de sueco para poder acadar a cidadanía

O ministro de Xustiza sueco, Morgan Johansson, anunciou que Suecia esixirá coñecementos certificados de sueco para que persoas estranxeiras poidan optar á cidadanía.

Fonte: The Local

Un estudo evidencia que as persoas bilingües poden desenvolver mellor as súas habilidades cognitivas

Un estudo elaborado na Universidade de Chipre revela que a habilidade de falar dúas linguas pode axudar a realzar a capacidade que ten o noso cerebro para adquirir coñecemento. As análises realizadas sobre este tema poderían axudar a desenvolver técnicas para a aprendizaxe de novas linguas.

Fonte: Horizon Magazine

A nación cherokee de Oklahoma reserva vacinas da covid-19 para os falantes nativos da súa lingua ameazada

Unicamente 2000 integrantes da nación cherokee de Oklahoma fala a lingua nativa que está en perigo extremo de desaparición. Ante esta situación, o goberno da tribo decidiu reservar algunhas vacinas contra a covid-19 para os falantes que aínda sobreviven coa intención de preservar o principal trazo cultural deste pobo orixinario dos EUA. 

Fonte: NPR

Valoran un filme de Pedro Costa como o cuarto mellor traballo cinematográfico en lingua estranxeira do ano

A Sociedade Nacional de Críticos de Cinema dos Estados Unidos valorou o filme Vitalina Varela, do director portugués Pedro Costa, como o cuarto mellor do ano en lingua estranxeira.

Fonte: Público

Bolivia retoma o proxecto de creación do Instituto Iberoamericano de Linguas Indíxenas

O Goberno de Bolivia anunciou que vai retomar o proxecto de creación do Instituto Iberoamericano de Linguas Indíxenas que forma parte do plan de acción da Década Internacional das Linguas Indíxenas promovido pola UNESCO.

Fonte: Brasil de Fato

Nace unha asociación en Macau para promover o intercambio cultural e lingüístico entre a China e os países lusófonos

A Asociación Promotora das Linguas e Culturas Chinesas e Lusófonas naceu na cidade de Macau para favorecer o intercambio cultural e lingüístico con individuos da China e os países de lingua oficial portuguesa. A asociación tamén ten como obxectivo apoiar e defender o papel de Macau como ponte entre a China e os países da lusofonía. 

Fonte: Observador

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder