Mundo
Os intérpretes de lingua de signos en Portugal demandan regulamentar o seu oficio

Arredor de 200 intérpretes de lingua de signos portuguesa esperan que o Goberno de Portugal regulamente a súa profesión despois de que esta gañase visibilidade coa pandemia.
Fonte: RTP Notícias
A lingua chamorro do Territorio de Guam estrea novas normas ortográficas
Unha comisión lingüística do Territorio de Guam, unha illa do Pacífico occidental que pertence aos EUA, aprobou novas normas ortográficas para a lingua chamorro, idioma vernáculo falado neste territorio insular.
Fonte: Pacific Daily News
O sitio web da Casa Branca recupera a súa versión en español con Joe Biden como presidente
Tras o cambio na presidencia dos EUA, o sitio web da Casa Branca recupera a súa versión en lingua española, que fora eliminada pola anterior administración.
Fonte: CNN
Un curso en liña reforzará a intercomprensión do portugués e o español
A iniciativa transfronteiriza El Trapézio vai lanzar un novo curso destinado a aqueles falantes da península Ibérica que queiran reforzar a comunicación mutua entre o portugués e o español. O curso terá 12 sesións virtuais de entre 30 e 40 minutos.
Fonte: elTrapezio
A Comisión Europea vira as costas á iniciativa cidadá que solicitaba maior protección para as linguas minorizadas
Os promotores da iniciativa cidadá europea Minority Safepack denunciaron que a Comisión Europea descartou impulsar novas medidas legais para protexer as linguas e culturas minorizadas de Europa.
Fonte: Nationalia
Dinamarca obrigará a traducir os sermóns relixiosos ao dinamarqués
O Goberno de Dinamarca está a punto de aprobar unha lei que obrigará os grupos relixiosos do país a traduciren os seus sermóns ao dinamarqués.
Fonte: CHVN Radio
Alemaña e o Reino Unido aproban dar máis protección para as súas linguas minoritarias
Alemaña e o Reino Unido ampliaron a protección para as súas linguas minoritarias baixo os auspicios da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Council of Europe
Un programa de radio promoverá o uso do gaélico irlandés entre a xente nova
A canle de radio irlandesa 2fm ofrecerá un espazo radiofónico que ten como obxectivo potenciar o uso correcto e a aprendizaxe do gaélico irlandés entre a xente nova que o estuda na escola.
Fonte: RTÉ
Demandan que o luxemburgués sexa un requisito obrigatorio para conseguir servizos públicos
Unha petición pública presentada no Parlamento de Luxemburgo quere que a lingua luxemburguesa se converta en requisito para acceder a servizos públicos en diferentes sectores.
Fonte: Contacto
O ucraíno é agora obrigatorio nos establecementos do sector da restauración
A partir de agora os establecementos do sector da restauración de Ucraína deben proporcionar obrigatoriamente os seus servizos en ucraíno, tal e como establece a lei en materia lingüística aprobada polo Goberno de Ucraína en 2019.
Fonte: Kyiv Post
Boletín
Subscríbase ao boletín