Mundo
O primeiro ministro do Canadá móstrase disposto a modificar as leis para dar máis protección á lingua francesa
O primeiro ministro do Canadá, Justin Trudeau, está preocupado pola situación do francés en Quebec e mostrouse disposto a modificar as leis en materia lingüística para dar máis protección legal a esta lingua.
Fonte: CTV News
O galés é a lingua británica que máis medra na plataforma de aprendizaxe Duolingo
Segundo a plataforma de aprendizaxe de linguas Duolingo, o galés é a lingua do Reino Unido que rexistrou unha maior subida no número de usuarios ao longo do ano 2020.
Fonte: Wales Online
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo está case listo para reabrir ao público
Despois de cinco anos do incendio que o destruíu parcialmente, o Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo estase preparando para reabrir as súas portas ao público en 2021.
Fonte: Jovem Pan
Comezan as obras para albergar o Museo da Lingua Italiana de Florencia
A principios do ano 2021 comezarán as obras do Museo da Lingua Italiana que estará situado no mosteiro de Santa Maria Novella de Florencia.
Fonte: ANSA
A UNESCO celebra o Día Mundial da Lingua Árabe

Como cada ano nesta data (18 de decembro), a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) celebra o Día Mundial da Lingua Árabe.
Fonte: UNESCO
O Congreso Permanente da Lingua Occitana ultima un programa de recoñecemento de voz en occitano
O Congreso Permanente da Lingua Occitana está traballando nun programa de recoñecemento de voz que podería permitir en breve interactuar cun teléfono móbil ou computador empregando só a lingua oral.
Fonte: Jornalet
O novo modelo de acollemento previsto polo Goberno de Portugal aspira a que as persoas refuxiadas falen portugués
O novo modelo de acollemento que estuda o Goberno de Portugal prevé que as persoas refuxiadas que cheguen ao país veciño teñan emprego e falen portugués antes de 18 meses.
Fonte: Notícias ao Minuto
Unha lei da República Moldova garántelles dereitos aos falantes de ruso
O Parlamento da República Moldova aprobou unha lei que recoñece o ruso como lingua de comunicación intercomunitaria. Este recoñecemento garante ás comunidades rusófonas o dereito ao ensino nesta lingua.
Fonte: TASS
A aprendizaxe da lingua portuguesa segue a medrar en Venezuela
O embaixador de Portugal en Caracas declarou que a aprendizaxe do portugués en Venezuela está en expansión. Actualmente xa hai 5500 escolares aprendendo a lingua de Camões nos centros de ensino venezolanos.
O poeta e tradutor Barreto Guimarães recibe o premio de poesía Armando da Silva Carvalho
O poeta, tradutor e médico portugués João Luís Barreto Guimarães foi o gañador da primeira edición do Premio Literario Armando da Silva Carvalho, organizado pola Cámara Municipal de Óbidos, Portugal.
Fonte: Jornal de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín