Mundo
Escolas da República de Irlanda participan nun evento para promocionar a aprendizaxe das linguas estranxeiras
Un total de 70 escolas de toda Irlanda uníronse para participar no evento #ThinkLanguages 2020, un festival con obradoiros e clases para incentivar o alumnado irlandés a aprender linguas estranxeiras.
Fonte: RTÉ
Un adolescente británico de 15 anos gaña un premio por ensinar a lingua de signos a 50 000 persoas durante o confinamento
Tyrese Dibba, un adolescente británico de 15 anos, gañou o premio "Young Person of the Year" tras ensinar a lingua de signos británica a 50 000 persoas durante o primeiro confinamento pola pandemia da covid-19.
Fonte: I am Birmingham
O British Council publica datos preocupantes sobre o ensino da lingua inglesa no Brasil
O British Council publicou no Observatorio para o Ensino da Lingua Inglesa no Brasil datos que mostran unha situación preocupante. O informe revela, entre outras cousas, que a maioría do profesorado de inglés do Brasil non conta con formación específica.
Fonte: Jornal do Comércio
Xa se coñecen as palabras candidatas para a iniciativa Palabra do Ano 2020 da Porto Editora

A iniciativa Palabra do Ano da Porto Editora xa conta coa lista definitiva de termos finalistas para o 2020. Como era de esperar, palabras como "confinamento" e "Covid-19" están entre as candidatas. Por primeira vez, a iniciativa transcorre simultaneamente en Portugal e nos países africanos de Angola e Mozambique.
Fonte: Espalha Factos
O Goberno dos Azores publica un programa educativo centrado no desenvolvemento das linguas estranxeiras
O Goberno dos Azores, Portugal, publicou un programa dirixido a escolas, profesorado e alumnado que está centrado no desenvolvemento das linguas estranxeiras e as novas tecnoloxías.
Fonte: RTP
Os recortes poderían pór en risco os xornais escritos en linguas minorizadas de Turquía
Os xornais escritos en linguas minorizadas, como o grego ou o armenio, están nunha situación precaria en Turquía ante a posibilidade de que o goberno recorte o financiamento do que subsisten.
Fonte: SCF
Un estudo revela que a exposición lingüística durante a primeira infancia inflúe na función cerebral

Un novo estudo publicado en JNeurosci revelou que o tempo que as crianzas están expostas ás linguas desde os primeiros momentos da vida pode determinar a súa función cerebral.
Fonte: EurekAlert
Un grupo de nais e pais únese nunha localidade francesa para abrir unha escola de inmersión en éuscaro
Un grupo de nais e pais da vila vascofrancesa de Bardos uniuse para demandar a apertura dunha Ikastola, ou escola de inmersión en éuscaro.
Fonte: Mediabask
Unha liña de ferrocarrís franceses incorporará o catalán aos seus anuncios sonoros
A empresa estatal de ferrocarrís franceses SNCF anunciou que en breve incorporará o catalán aos anuncios informativos sonoros na liña entre Toulouse e Portbou.
Fonte: Ràdio Arrels
Un proxecto en Suecia ofrécelle clases gratuítas de árabe ao persoal das librarías
O condado de Escania, no sur de Suecia, financia un programa de clases voluntarias de árabe para o persoal das librarías co fin de ofrecer unha mellor atención á crecente poboación procedente de Oriente Medio e o norte de África.
Fonte: TRT World
Boletín
Subscríbase ao boletín