Mundo

O Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece cursos de doce linguas en diferentes modalidades de estudo

O BabeliUM ou Centro de Linguas da Universidade do Miño ofrece este semestre doce cursos de diferentes linguas nas modalidades de ensino en liña e ensino mixto. Entre as linguas ofértase o galego.

Fonte: Bragatv

Euronews lanza unha versión en romanés

Euronews asinou un acordo coa Universidade Politécnica de Bucareste para lanzar Euronews Romania, unha nova canle informativa destinada ao público falante de romanés.

Fonte: Télé Satellite

Preséntase unha iniciativa para que a Constitución mexicana estableza o idioma oficial do país

Malia que México é o país do mundo con maior número de falantes de español, este non é o idioma oficial, porque na Constitución non se considera como tal. Porén, no artigo 2 sinálase que tanto este como as linguas indíxenas son idiomas nacionais.

Fonte: La Jornada Maya

O Parlamento marroquí quere reactivar un proxecto para converter o amazigh en lingua de traballo da cámara de representantes

O proxecto de reactivación lingüística do amazigh ten como obxectivo convertelo en lingua de traballo do Parlamento marroquí e susténtase na lei orgánica relativa a este idioma.

Fonte: Bladi

Coñecer ben o alemán é un requisito para conseguir o dereito de residencia en Alemaña

Un dos requisitos que deben cumprir as persoas que chegan a Alemaña, ben como refuxiadas ou ben como inmigrantes, é aprender a lingua. No caso dos traballadores, as propias empresas encárganse de subvencionar os cursos de alemán necesarios; no caso dos menores de idade, esta aprendizaxe convértese en prioritaria para a escolarización.

Fonte: ABC

México creará a Universidade das Linguas Indíxenas

O Instituto Nacional dos Pobos Indíxenas (INPI) de México iniciou os trámites para constituír oficialmente a Universidade das Linguas Indíxenas de México (ULIM, polas súas siglas en español).

Fonte: La Jornada

Australia muda a letra do himno como acto simbólico para recoñecer a poboación aborixe

O pasado 31 de decembro, Australia modificou unha estrofa do himno nacional para honrar e recoñecer a poboación aborixe como habitantes orixinarios do país austral.

Fonte: Nós Diario

Unha asociación cultural de São Paulo ofrece un curso de lingua catalá

A Asociación Cultural Catalonia de São Paulo, que traballa pola difusión da cultura e lingua catalás no Brasil, ofrece de xeito telemático o minicurso de revisión de lingua catalá.

Fonte: Aqui Catalunha

O gaélico escocés está ao bordo da extinción

A secretaria de Finanzas do Goberno de Escocia, Kate Forbes, declarou que o gaélico escocés está en risco extremo de desaparición e que conviría crear zonas residenciais monolingües en gaélico para salvar a lingua.

Fonte: Irish Central

O xornal 'Helsinki Times' publicará agora os seus contidos en chinés mandarín

O diario anglófono finlandés Helsinki Times será publicado a partir de agora en chinés ademais de en inglés.

Fonte: ScandAsia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder