Mundo

Hai 22 anos que o mirandés se converteu na segunda lingua oficial de Portugal

A consideración do mirandés como segunda lingua oficial de Portugal fixo agora 22 anos.

Fonte: Mensageiro de Bragança 

A China libera o activista Tashi Wangchuk, defensor da lingua tibetana

As autoridades chinesas liberaron a Tashi Wangchuk, activista e defensor dos dereitos dos falantes de lingua tibetana, tras pasar en prisión desde o ano 2016.

Fonte: Deutsche Welle

A lingua tamazight impartirase nas escolas elementais de Marrocos

O Ministerio de Educación de Marrocos anunciou a aprobación dun novo currículo que introducirá o ensino da lingua tamazight ou bérber nas escolas elementais de todo o país.

Fonte: Morocco World News

As sesións informativas da Casa Branca contarán agora con interpretación en lingua de signos

A secretaria de prensa da Casa Branca, Jen Psaki, anunciou que as sesións informativas que se ofrezan desde a presidencia dos EUA contarán a partir de agora con interpretación en lingua de signos.

Fonte: CNN

Unha universidade brasileira ofrece un curso gratuíto de tradución do árabe ao portugués

O Centro de Estudos Árabes e Islámicos da Universidade Federal de Sergipe (Brasil) ofrecerá un curso en liña gratuíto sobre a tradución do árabe ao portugués. A formación estará composta de seis sesións de dúas horas cada unha.

Fonte: ANBA

Unha enquisa revela que se incrementa o número de políglotas en Suíza

Unha enquisa elaborada pola Oficina Federal de Estatística de Suíza revelou que a proporción de persoas que falan máis dunha lingua a diario aumentou lixeiramente desde 2014. Na actualidade máis de dous terzos da poboación suíza emprega máis dun idioma na súa vida diaria.

Fonte: Swissinfo

Un curso en guaraní formará xornalistas latinoamericanos

A Universidade de Texas (EUA) e a Unesco fixeron posible que o guaraní sexa unha das linguas de instrución dun curso en liña dirixido a xornalistas latinoamericanos sobre desinformación e verificación de datos.

Fonte: IP

Aumenta o alumnado interesado en estudar a lingua scots en Escocia

Un total de 418 estudantes conseguiron en 2020 o Premio da Lingua Scots (SCQF) en comparación cos 100 estudantes do ano anterior. Estas cifras mostran un incremento no interese por aprender e estudar esta lingua.

Fonte: The Scotsman

O idioma ruso perde o status de lingua especial na República Moldova

O Tribunal Constitucional de Moldova anulou unha lei sobre o uso das linguas e sentenciou que o idioma ruso deixará de ter o status de lingua de trato internacional.

Fonte: Sputnik 

O exame de proficiencia de coreano terá lugar tres veces fóra de Corea este ano

O Exame de Proficiencia de Coreano como Lingua Estranxeira (TOPIK, polas súas siglas en inglés) será administrado tres veces este ano fóra das fronteiras de Corea. O Instituto Nacional de Educación Internacional é a institución encargada de levar a cabo a proba.

Fonte: The Korea Herald

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder