Mundo
O filme estadounidense "Minari" gaña o Globo de Ouro á mellor produción en lingua estranxeira
A longametraxe Minari do director de orixe coreana Lee Isaac Chung gañou o Globo de Ouro na categoría de mellor filme en lingua estranxeira. A produción non puido concursar nas principais categorías do premio porque o seu guión está maioritariamente en coreano e non en inglés.
Fonte: CategoriaNerd
Un estudo recolle os neoloxismos que se acuñaron en alemán desde o inicio da pandemia da covid-19
Un estudo realizado polo Instituto Leibniz da Lingua Alemá revela que máis de 1200 neoloxismos foron acuñados en alemán no último ano. Moitos dos termos teñen que ver coa pandemia da covid-19.
Fonte: The Guardian
Unha parella británica séntese discriminada ao non poder formalizar o seu casamento en córnico
O Consello de Cornualles informou unha parella de noivos que o seu casamento non pode realizarse completamente en córnico xa que non sería unha unión legalmente vinculante. Para que teñan validez, as declaracións contractuais deben pronunciarse por lei en inglés ou en galés.
Fonte: BBC
Ábrense as inscricións para a sétima Olimpíada da Lingua Portuguesa no Brasil

O Itaú Social, en colaboración co Ministerio de Educación do Brasil, presentaron oficialmente a sétima convocatoria da Olimpíada da Lingua Portuguesa na que poderá participar alumnado de todas as escolas públicas brasileiras.
Fonte: Pelo Mundo DF
O Ministerio de Cultura de Suráfrica aproba a denominación de topónimos en lingua xosa
O ministro de Cultura e Artes de Suráfrica, Nathi Mthethwa, anunciou o cambio de denominación en lingua xosa de algúns nomes de lugar como, por exemplo, o da cidade Port Elizabeth, que agora pasará a chamarse oficialmente Gqeberha.
Fonte: CNN
Activistas a prol da lingua galesa lanzan unha campaña para protexer o nome vernáculo das casas
O grupo de activismo lingüístico Cymdeithas yr Iaith Gymraeg lanzou un proxecto no País de Gales para que as persoas que viven en casas que teñen nome vernáculo poidan protexelo por lei.
Fonte: Nation Cymru
Un festival de cinema reúne producións de nove países lusófonos
O Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa (Festin) acontece este ano de xeito virtual e acollerá producións en portugués dos seguintes países lusófonos: Angola, Brasil, Cavo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, Portugal, San Tomé e Príncipe e Timor Leste.
Fonte: Diário do Nordeste
O asociacionismo portugués en Toronto desempeña un papel fundamental na promoción da lingua portuguesa
Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, unha docente de portugués na Universidade de Toronto defende a importancia das asociacións culturais portuguesas no Canadá para a promoción da lingua materna.
Fonte: Notícias ao Minuto
Académicos angolanos defenden unha maior promoción das linguas nacionais como o umbundu
O académico angolano João Baptista esixiu ao goberno de Angola maior protección e promoción da lingua umbundu que, a pesar de ser o segundo idioma máis falado de Angola, está en situación de declive.
Fonte: Deutsche Welle
O novo programa de mobilidade do Reino Unido podería acelerar a caída nas matrículas en estudos de natureza lingüística
Tras o Brexit e a suspensión do programa europeo Erasmus, o Reino Unido quere implementar un novo programa de mobilidade internacional que podería acelerar a caída nas matrículas en estudos de natureza lingüística. Na última década as carreiras lingüísticas sufriron unha baixada do 38 %
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín