Mundo
O colectivo de taxistas de Dinamarca deberá certificar coñecementos de dinamarqués
Unha emenda a unha lei obrigará o colectivo de taxistas de Dinamarca a demostrar coñecementos de dinamarqués para poder traballar no país.
Fonte: CGTN
A cidade de Braga empregará interpretación de lingua de signos nas asembleas municipais
O municipio portugués de Braga empregará a partir de agora intérpretes de lingua de signos nas asembleas municipais para facilitar a transmisión da información ás persoas con discapacidade auditiva.
Fonte: Semanário V
A humanidade celebra o Día Mundial da Poesía

Como cada 21 de marzo, o mundo celebra o Día Mundial da Poesía, un dos máis valiosos modos de expresión cultural e lingüística da humanidade.
Fonte: United Nations
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea obriga a incluír información en gaélico nos produtos veterinarios
Unha sentenza histórica do Tribunal de Xustiza da Unión Europea deu a razón a un falante de gaélico de Galway ao decretar que a información que acompañe os produtos veterinarios que se comercialicen en Irlanda debe estar tanto en inglés como en gaélico irlandés.
Fonte: RTÉ
Portugal formará militares de Guinea-Bissau en lingua portuguesa
Grazas ao acordo asinado entre o Instituto Camões, a Dirección Xeral de Política e Defensa Nacional de Portugal e as Forzas Armadas de Guinea-Bissau, Portugal dará formación en lingua portuguesa a máis de 120 militares de Guinea-Bissau, tal como anunciou a embaixada portuguesa no país africano.
Fonte: SAPO
A lei de estímulo económico da covid-19 dos EUA incluirá unha partida orzamentaria para preservar as linguas indíxenas
O proxecto de lei de estímulo económico pola covid-19 que quere aprobar a nova administración dos EUA incluirá unha partida de 20 millóns de dólares para preservar as linguas nativas americanas.
Fonte: Language Magazine
As escolas de linguas do Canadá demandan medidas ao goberno para manter a súa actividade durante a pandemia
Algunhas escolas de linguas do Canadá solicitaron ao goberno que aplique medidas concretas que faciliten a chegada de estudantes internacionais e permitir así a continuación da súa actividade durante a pandemia.
Fonte: CBC
Duolingo engade o yiddish á súa lista de cursos en liña
A popular aplicación de aprendizaxe de linguas, Duolingo, incluirá en breve o yiddish á súa extensa lista de cursos. Con esta incorporación, o número de cursos ascendará a 40.
Fonte: Jewish Insider
Un ministro da rexión de Bruxelas aposta por dar máis preponderancia ao inglés como lingua vehicular
Sven Gatz, ministro de Plurilingüismo da rexión de Bruxelas (Bélxica) declarou que conviría modificar a política lingüística actual de Bélxica para darlle máis peso ao inglés como lingua vehicular na capital belga.
Fonte: The Brussels Times
Un premio promoverá a aproximación das comunidades de lingua portuguesa no mundo
A Asociación das Universidades de Lingua Portuguesa (Aulp, polas súas siglas en portugués) anunciou a creación do Premio Fernão Mendes Pinto 2021 que concederá oito mil euros aos traballos de mestrado ou doutoramento que aposten pola aproximación das comunidades de lingua portuguesa no mundo.
Fonte: Medicina UFMG
Boletín
Subscríbase ao boletín