Mundo
Francia aproba unha lei que permitirá a inmersión en linguas minorizadas no ensino

Malia a oposición do goberno, a Asemblea Nacional Francesa aprobou unha proposición de lei que abre a porta á inmersión en linguas minorizadas como o bretón ou o occitano e que permite un mellor financiamento das escolas privadas que escolaricen noutras linguas diferentes ao francés.
Fonte: Le Figaro
Un colectivo demandará o Goberno de Irlanda do Norte por non aprobar unha lei de promoción do gaélico
Conradh na Gaeilge (CnaG, polas súas siglas en gaélico) demandará nos tribunais o Goberno de Irlanda do Norte pola súa inacción á hora de aprobar unha lei que garanta a promoción do gaélico irlandés.
Fonte: BBC
O Goberno de Ucraína senta as bases para o desenvolvemento do tártaro de Crimea
O Goberno de Ucraína redactou un documento introdutorio que senta as bases para o futuro plan de desenvolvemento e promoción do idioma tártaro de Crimea, falado por un dos pobos orixinarios do país eslavo.
Fonte: Ukrinform
A canle de televisión en lingua galesa S4C lanza un novo servizo de noticias
A canle pública de televisión en lingua galesa S4C lanzou un novo servizo de noticias en galés que vén acompañado dun novo sitio web e unha aplicación móbil.
Fonte: Nation Cymru
A Universidade de Columbia Británica ofrecerá un título universitario en lingua indíxena nsylxcn

A Universidade de Columbia Británica ofrecerá en breve unha licenciatura superior en lingua indíxena nsyilxcn, un idioma en perigo de extinción falado polos indíxenas da Nación Okanagan.
Fonte: RCI
As escolas de Australia Occidental poderán ensinar a lingua noongar
O Departamento de Educación de Australia Occidental permitirá que a lingua aborixe noongar (ou nyungar) poida impartirse no currículo formal das escolas do estado, tal como xa acontece coas linguas europeas ou asiáticas.
Fonte: ABC
Ofrécense prazas de formación en lingua inglesa para profesorado brasileiro de ensino medio
A Secretaría de Estado de Educación, Deporte e Cultura do Brasil e o Departamento de Estado dos Estados Unidos de América ofrecen bolsas de formación a profesorado de ensino medio brasileiro. As bolsas consistirán nun intercambio de cinco meses en Washington (EUA).
Fonte: Infonet
Os candidatos á presidencia de Cabo Verde non garanten que se poida oficializar o crioulo caboverdiano na próxima lexislatura
A propósito das próximas eleccións lexislativas do 18 de abril en Cabo Verde, os candidatos dos dous principais partidos políticos avogan pola oficialización do crioulo como lingua nacional mais non asumen o compromiso de atinxir este propósito na próxima lexislatura.
Fonte: Observador
As asociacións a prol das linguas bretoas demandan a aprobación da lei do Senado que garanta a súa protección
As asociacións que traballan pola promoción das linguas bretoas (o bretón e o galó) demandan a aprobación definitiva do proxecto de lei que garanta a protección das linguas rexionais de Francia.
Fonte: Ouest France
Unha docente crea o primeiro curso de gaélico escocés do Bacharelato Internacional
Unha profesora e coordinadora dun instituto da provincia canadense de Nova Escocia creou o primeiro curso de gaélico escocés que se pode estudar no Bacharelato Internacional (IB, polas súas siglas en inglés).
Fonte: The Chronicle Herald
Boletín
Subscríbase ao boletín