Mundo

Un deputado leva a protección do elfdaliano ao Parlamento de Suecia

O deputado sueco Peter Helander levou ao Parlamento de Suecia a cuestión da preservación da lingua elfdaliana, un idioma ameazado que se fala nunha rexión central do país escandinavo.

Fonte: The Local

A radio pública de Panamá ofrece clases de linguas indíxenas para o público infantil

O Sistema Estatal de Radio e Televisión de Panamá inclúe na súa programación un programa de radio onde o público infantil pode aprender nocións da lingua indíxena guna. As clases están impartidas por mulleres deste pobo nativo de Panamá.

Fonte: Hola News

O Goberno de Marrocos aproba un plan para aplicar o recoñecemento do tamazight como lingua oficial

A Comisión Interministerial Permanente de Marrocos aprobou un plan gobernamental para implementar no país o carácter oficial do tamazight ou bérber.

Fonte: Morocco World News

Un deputado socialista pide no Parlamento de Portugal máis divulgación da lingua portuguesa na diáspora

O deputado socialista por Madeira, Olavo Câmara, pediu na Asemblea da República maior investimento na divulgación da lingua portuguesa na diáspora co fin de preparar as persoas migrantes para un eventual regreso a Portugal.

Fonte: O Jornal Económico

O Goberno de Irlanda do Norte crea un organismo de tradución de gaélico e escocés do Úlster

O Departamento de Comunidades de Irlanda do Norte creou un organismo que se encargará de traducir documentación oficial ao gaélico irlandés e ao escocés do Úlster.

Fonte: BBC

A Universidade de Mato Grosso crea o Centro de Linguas Amerindias

A Universidade do Estado de Mato Grosso aprobou a creación do Centro de Linguas Amerindias que terá como principal obxectivo a oferta de cursos de linguas indíxenas, especialmente as faladas neste territorio brasileiro.

Fonte: Governo de Mato Grosso

A tradución do poema de Amanda Gorman levanta unha profunda polémica en Europa

O poema The Hill We Climb, de Amanda Gorman, que a autora leu con ocasión da cerimonia de toma de posesión do presidente dos EUA, Joe Biden, está aínda de actualidade. A autora expresou que lle gustaría que as persoas que se encargasen da tradución do poema a outras linguas fosen mulleres novas, de orixe africana e activistas. Esta vontade levantou unha fonda polémica en Europa xa que evidencia a falta de variedade no eido da tradución literaria.

Fonte: Queens Citizen

O Brasil organiza un concurso de lingua portuguesa en Palestina

A Oficina de Representación do Brasil en Ramala convocou a primeira Olimpíada de Lingua Portuguesa en Palestina. A competición ten varias categorías e pretende promover o coñecemento do portugués entre a poboación da comunidade brasileira que vive en territorio palestino.

Fonte: Brazil-Arab News Agency

Unha lei de Letonia permitirá que as universidades poidan impartir clases en linguas europeas

O Parlamento de Letonia aprobou as emendas á Lei de Ensino Superior que establecen que as universidades poden impartir programas de estudo en linguas oficiais da Unión Europea.

Fonte: LSM

O programa electoral do Partido Laborista para as eleccións á Asemblea de Gales inclúe a protección das comunidades de fala galesa

O líder do Partido Laborista do País de Gales, Mark Drakeford, presentou o programa electoral para as eleccións á Asemblea de Gales. Entre as medidas figura a protección das comunidades de fala galesa.

Fonte: Nation Cymru

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder