Mundo

Córsega contará coas dúas primeiras escolas de inmersión en lingua corsa

O colectivo Scola Corsa anunciou que a partir do mes de setembro abrirán en Córsega as dúas primeiras escolas de inmersión en lingua corsa.

Fonte: Franceinfo

A República de Irlanda cancela os cursos de verán de gaélico nas Gaeltacht

O ministro das 'Gaeltacht' ou zonas de fala irlandesa da República de Irlanda anunciou que os cursos de gaélico que se organizan cada verán nestas zonas serán de novo cancelados por mor da crise sanitaria da covid-19.

Fonte: Laois Nationalist

Exipto lanza unha aplicación móbil para a aprendizaxe do árabe

O Ministerio de Emigración de Exipto presentou, en colaboración co Ministerio de Educación, unha aplicación móbil que permitirá que as persoas de nacionalidade exipcia e os seus fillos que vivan no estranxeiro poidan aprender árabe e achegarse á cultura exipcia.

Fonte: Daily News Egypt

Unha nova escola de inmersión en éuscaro abre en Iparralde

Grazas ao compromiso dun grupo de pais e nais, a localidade vascofrancesa de Bardos (Bardoze en éuscaro) terá unha escola infantil de inmersión en éuscaro a partir do próximo curso.

Fonte: Mediabask

A cidade de Biarritz expedirá o libro de familia en versión bilingüe francés-éuscaro

Biarritz converteuse na primeira localidade do País Vasco francés que expedirá os libros de familia en versión bilingüe francés-éuscaro.

Fonte: Mediabask

Macau está a investir notablemente na lingua portuguesa

O director do Instituto Portugués de Oriente (IPOR) declarou con motivo do Día Mundial da Lingua Portuguesa que Macau está facendo un investimento moi importante na promoción e ensino da lingua portuguesa.

Fonte: RTP

A Unesco celebra o Día Mundial da Lingua Portuguesa

O día 5 de maio todos os países lusófonos do mundo conmemoran o Día Mundial da Lingua Portuguesa, efeméride proclamada pola Unesco en 2019.

Fonte: Jornal Económico

O Goberno dos EUA habilita un sitio web sobre a vacina da covid-19 en versión bilingüe inglés-español

A nova administración de Joe Biden habilitou un sitio web con información sobre a vacina da covid-19 en versión bilingüe inglés-español.

Fonte: The Verge

Ofértanse en Sardeña dous obradoiros gratuítos en sardo e sassarés

A rexión de Sardeña promociona por medio do municipio de Sassari dous obradoiros culturais en sardo e sassarés, dúas das linguas que se falan na illa italiana. Os cursos son gratuítos e abertos a toda a cidadanía.

Fonte: La Milano

 

Presentan unha moción para que a toponimia galesa de dous lugares emblemáticos de Gales sexa a única oficial

Un concelleiro do goberno municipal de Gwynedd, no norte do País de Gales, presentou unha moción para que os nomes galeses de Eryri e Yr Wyddfa, Snowdonia e Snowdon en inglés, respectivamente, sexan recoñecidos como únicos oficiais.

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder