Mundo
O número 39 das aventuras de Astérix terá versión en lingua mirandesa
A editorial de banda deseñada ASA confirmou que proximamente se vai publicar a tradución en mirandés de Astérix et le Griffon, o álbum 39 das coñecidas aventuras de Astérix e Obélix.
Fonte: Mensageiro de Bragança
A cantante portuguesa Ana Laíns lanza un novo disco coa tradución das cancións á lingua mirandesa
Unha colaboración coa Asociación da Lingua Mirandesa permitiu á cantante de fado Ana Laíns presentar o seu novo traballo discográfico coa tradución de todas as cancións á segunda lingua oficial de Portugal, o mirandés.
Fonte: Artesonora
O Quebec aproba un proxecto de lei para reforzar a lingua francesa na provincia
O Goberno do Quebec presentou un ambicioso proxecto de lei que garantirá un fortalecemento do uso do francés tanto no sector público como no privado.
Fonte: CBC
Convócase unha nova edición do Premio Literario en Lingua Friulana San Simon
Varias institucións relacionadas coa promoción da lingua e cultura friulanas entre as que se atopa a Axencia Rexional para a Lingua Friulana (ARLeF) presentaron a 42 edición do Premio Literario en Lingua Friulana San Simon.
Fonte: Il Friuli
Nace a primeira ferramenta de tradución automática entre o letón e o estoniano
A empresa de tecnoloxía letoa Tilde e a axencia de tradución estoniana Avatar presentaron o tradutor automático EastLat, a primeira ferramenta de tradución asistida por computador entre o letón e o estoniano.
Fonte: BNN
O persoal de fala gaélica da radiotelevisión irlandesa RTÉ cobra menos que o persoal anglófono
O persoal que traballa en gaélico irlandés na radiotelevisión pública irlandesa RTÉ cobra un 25 % menos que aquel que o fai en inglés. O sindicato nacional de xornalistas de Irlanda denunciou os feitos e esixe que se reverta esta situación de xeito urxente.
Fonte: Extra.ie
Unha cantante e unha organización benéfica unen forzas para ofrecer cursos a distancia de gaélico escocés
A cantante escocesa Kathleen MacInnes e a asociación benéfica Open Book uniron os seus esforzos para ofrecer sesións de conversa, escritura creativa e lectura en gaélico escocés por medio de Zoom.
Fonte: Ross-shire Journal
A provincia arxentina de Salta aproba unha lei para a salvagarda da lingua indíxena wichí
O Senado de Salta en Arxentina aprobou por unanimidade unha lei que garante a protección e promoción da lingua wichí, falada pola comunidade indíxena máis numerosa da provincia.
Fonte: El Tribuno
O embaixador de Portugal en Luxemburgo demanda máis atención do Goberno do Gran Ducado ao ensino da lingua de Camões
O embaixador de Portugal en Luxemburgo, António Gamito, declarou que o Goberno de Luxemburgo debería destinar máis recursos para potenciar o ensino da lingua portuguesa no Gran Ducado como, por exemplo, entrar no currículo das escolas europeas.
Fonte: Contacto
Unha empresa do ámbito do ensino de linguas ofrece unha formación intensiva para aprender bretón
A empresa Roudour ofrece na cidade de Quimper un curso intensivo de seis meses para aprender bretón. A formación está pensada para persoas que queiran traballar en postos relacionados coa lingua bretoa como o ensino, a cultura ou os medios de comunicación.
Fonte: Ouest France
Boletín
Subscríbase ao boletín