Mundo
Convocan en Paraguai un concurso de relato curto en guaraní e español
Varios organismos públicos de Paraguai, entre os que se encontra o Centro Cultural da República e a Academia da Lingua Guaraní, convocaron a 16 edición dun concurso de contos en guaraní e español.
Fonte: Hoy
Un informe revela que case a metade dos organismos federais infrinxen a Lei de linguas oficiais do Canadá
Un informe revela que case a metade dos ministerios e organismos federais do Canadá non enviaron un documento obrigatorio que se considera fundamental para poder avaliar o seu grao de aplicación da Lei de linguas oficiais.
Fonte: La Presse
O formulario para solicitar a cidadanía irlandesa xa ten versión en gaélico
O Departamento de Xustiza da República de Irlanda acaba de publicar a versión en gaélico do formulario que se debe cubrir para solicitar a cidadanía irlandesa. O cambio débese a unha solicitude enviada por dous falantes de gaélico de nacionalidade chinesa que quixeron solicitar a cidadanía por medio desta lingua.
Fonte: RTÉ
Un libro reúne contos de autoras de oito países lusófonos
O libro Contar histórias com a avó ao colo reúne dezaseis contos de transmisión oral escritos por autoras procedentes de oito países lusófonos. O libro será publicado con ocasión do Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebra o 5 de maio.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un estudo en escolas de Inglaterra revela que os confinamentos afectaron ás destrezas lingüísticas do alumnado infantil
Un estudo realizado a 50 000 nenos e nenas en escolas de toda Inglaterra revelou que os confinamentos do último ano poden ter un impacto moi negativo no desenvolvemento lingüístico do alumando infantil.
Fonte: BBC
O Goberno de Portugal segue apostando por conseguir que o portugués se converta en lingua oficial da ONU

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que o executivo luso segue a apostar por que o portugués se converta en lingua oficial da ONU mais recoñeceu que aínda resta bastante camiño para conseguir este obxectivo.
Fonte: SAPO 24
Un filme dinamarqués recibe o Óscar á mellor produción de fala non inglesa

O filme dinamarqués Druk (coñecido polo seu título en inglés Another Round) recibiu o Óscar á mellor produción en lingua estranxeira con motivo da 93 edición dos Premios da Academia de Hollywood.
Fonte: The Guardian
Un total de 44 países do mundo celebrarán o Día Mundial da Lingua Portuguesa
O Ministerio de Asuntos Exteriores e as Secretarías de Estado de Cinema, Audiovisual e Medios de Comunicación, do Ensino Superior e da Educación de Portugal anunciaron en Lisboa o programa do Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebrará en 44 países do mundo nun formato virtual e presencial.
Fonte: SAPO 24
Nova Escocia anuncia a creación dun campus para o estudo do gaélico escocés
O primeiro ministro de Nova Escocia, Iain Rankin, anunciou que se creará un novo campus para o estudo do gaélico que axudará a preservar e promocionar o uso desta lingua neste territorio canadense.
Fonte: Nova Scotia
Noruega modifica os requisitos lingüísticos para optar á cidadanía
O Ministro de Educación de Noruega anunciou que vai modificar os requisitos lingüísticos para poder optar á cidadanía norueguesa. As persoas que queiran conseguir a nacionalidade deberán agora demostrar un nivel B1 de noruegués.
Fonte: The Local
Boletín
Subscríbase ao boletín