Mundo
Carcasona xa non conta con paneis en occitano na entrada e saída da cidade
O Instituto de Estudos Occitanos alertou a través dun comunicado que o municipio francés de Carcasona eliminou os paneis en occitano que figuraban á entrada e saída da cidade.
Fonte: Jornalet
Nace no Quebec unha nova empresa de comunicación en francés
Nace no Quebec Noovo Info, unha nova empresa de servizos informativos en francés.
Fonte: CTV News
Un estudo da Universidade de Toquio revela que a aprendizaxe dunha lingua estimula a actividade cerebral
Un estudo realizado por un investigador da Universidade de Toquio revelou que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira xera unha importante actividade cerebral que despois remite cando se adquiren habilidades suficientes para se desenvolver nela.
Fonte: WION NEWS
Un proxecto da biblioteca de Birmingham difunde a obra de Shakespeare en multitude de linguas diferentes

A biblioteca de Birmingham acolle a maior colección de obras de William Shakespeare. O proxecto "Everything to Everybody" difunde diversos vídeos e lecturas da obra do bardo de Avon en moitas das case 100 linguas que se falan na cidade inglesa.
Fonte: The Guardian
Milleiros de persoas maniféstanse na Bretaña para reclamar máis ensino en bretón
Milleiros de persoas tomaron as rúas da cidade bretoa de Quimper (Kemper, en bretón) para reclamar un convenio entre os gobernos francés e bretón que impulse e garanta o ensino do bretón.
Fonte: Nationalia
Angola introducirá o ensino do inglés no primeiro ciclo da escola primaria
A ministra de Educación de Angola, Luísa Grilo, anunciou que a partir do próximo ano lectivo se introducirá o ensino do inglés no primeiro ciclo da educación primaria.
Fonte: RNA
Un informe alerta da necesidade de promover a emisión de espazos radiofónicos en gaélico irlandés
Un informe sobre o uso do gaélico irlandés na radio alerta da necesidade de dar máis apoio ás emisoras para que produzan máis contidos nesta lingua.
Fonte: The Irish Times
Unha campaña anima as persoas falantes de galés a marcaren os apartados do censo referidos á competencia lingüística
A organización a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg solicitou ás persoas que falen galés que respondan ás preguntas do censo que se refiran á competencia en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
Tres licenciaturas de lingua portuguesa reciben a distinción de primeira clase na China
O Ministerio de Educación da China distinguiu tres universidades onde se imparten programas en lingua portuguesa como de 'primeira clase'. Serían a Universidade de Linguas Estranxeiras de Dalian, a Universidade de Estudos Estranxeiros de Guangdong e a Universidade de Estudos Internacionais de Xangai.
Fonte: Notícias ao Minuto
O municipio portugués de Barrancos contará cun centro de interpretación do seu patrimonio lingüístico
O municipio portugués de Barrancos comezou os trámites necesarios para crear un centro de interpretación que valorice e promova o idioma barranqueño, falado nesta comarca fronteiriza con España.
Fonte: SulInformação
Boletín
Subscríbase ao boletín