Mundo
O Goberno de Corea incrementará o orzamento para o ensino do coreano no estranxeiro
O Ministerio de Educación de Corea do Sur anunciou que vai incrementar o orzamento destinado á promoción da lingua coreana no estranxeiro dada a gran demanda que esta lingua está tendo grazas ao éxito do pop coreano no mundo.
Fonte: The Korea Bizwire
Os centros de ensino secundario de Ontario ofrecerán lingua de signos como parte do currículo

O ministro de Educación de Ontario, Stephen Lecce, anunciou que os centros de ensino secundario da provincia canadense ofrecerán a materia de lingua de signos americana ou lingua de signos quebequesa como parte do currículo.
Fonte: The Globe and Mail
A NASA recorre ao navajo para nomear trazos xeográficos de Marte
O vehículo planetario Perseverance da NASA está utilizando palabras do idioma navajo para nomear rochas ou outros trazos xeográficos do planeta Marte.
Fonte: ABC-7
Un proxecto busca unir as diferentes voces da lusofonía
O proxecto 'Meu Bairro, Minha Língua', organizado polo Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo, busca unir as voces dos diferentes países lusófonos para descentralizar e descolonizar o portugués.
Fonte: Bantumen
Inícianse os traballos de elaboración do primeiro dicionario de lingua portuguesa de Mozambique
A cidade de Maputo acolleu a formación organizada pola Cátedra de Portugués da Universidade Eduardo Mondlane (UEM) que dá inicio aos traballos de elaboración do primeiro dicionario de portugués de Mozambique.
Fonte: Mundo Lusíada
O mundo celebra a Semana da Lingua Francesa e da Francofonía
O mundo celebra como cada ano a Semana da Lingua Francesa e da Francofonía que terá lugar entre o 13 e o 21 de marzo co obxectivo de festexar a importancia e a diversidade do francés en todos os países do mundo.
Fonte: Ministère de la Culture
A China autoriza a apertura de dúas novas licenciaturas en lingua portuguesa
O Ministerio de Educación chinés autorizou a apertura de dúas novas licenciaturas en lingua portuguesa, unha na Universidade de Hebei e outra na Universidade de Hunan. Con estes dous novos cursos, xa son 30 os estudos deste tipo que existen na China continental.
Fonte: Mundo Lusíada
Letonia e Estonia crean un premio para promocionar as linguas letoa e estoniana
Os Ministerios de Asuntos Exteriores de Estonia e Letonia anunciaron a creación dun premio que ten como obxectivo a promoción da lingua estoniana en Letonia e a lingua letoa en Estonia.
Fonte: ERR
Acusan o Goberno de Montenegro de atacar a lingua montenegrina
Un grupo de manifestantes agrupouse ao redor do edificio do Ministerio de Educación e Cultura de Montenegro para esixir ao goberno que cese as súas políticas de ataque á lingua montenegrina, idioma oficial do país balcánico desde 2007.
Fonte: Balkan Insight
O Parlamento de Portugal debate unha proposta de lei para garantir a protección do barranqueño

O Partido Socialista de Portugal presentou unha proposta no parlamento co obxectivo de recoñecer de xeito oficial o barranqueño, falar típico do concello de Barrancos, no distrito de Beja. O proxecto foi subscrito por un total de 22 deputados e deputadas.
Fonte: TVI 24
Boletín
Subscríbase ao boletín