Mundo

Varias manifestacións en diferentes puntos de Francia demandan que se autorice o ensino en inmersión

Milleiros de persoas manifestáronse en diferentes marchas por toda Francia para demandar o ensino en inmersión naquelas rexións que contan con linguas vernáculas. As manifestacións protestaban fundamentalmente contra a decisión do Consello Constitucional de prohibir o modelo de inmersión no ensino.

Fonte: France Bleu

Noruega aproba unha lei que oficializa as denominacións en linguas minorizadas do nome do país

O Parlamento de Noruega aprobou unha lei que oficializa as denominacións de Noruega en tres variedades da lingua saami e na lingua kven.

Fonte: The Barents Observer

O presidente de Francia posiciónase a favor das linguas rexionais

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, posicionouse a favor da inmersión en linguas rexionais francesas e convidou o goberno a buscar métodos que garantan a súa transmisión.

Fonte: The Local

O Goberno do Reino Unido destinará dous millóns de libras á produción de contidos audiovisuais en gaélico e scots do Úlster

O secretario de Estado de Irlanda do Norte, Rt Hon Brandon Lewis, informou de que o Goberno do Reino Unido investirá en Irlanda do Norte dous millóns de libras na produción de contidos audiovisuais en gaélico irlandés e scots do Úlster.

Fonte: Gov.uk

 

O Senado do Brasil aproba un proxecto de lei que cualifica a educación das persoas xordas como unha modalidade de ensino independente

O Senado do Brasil aprobou un proxecto de lei que cualifica a educación bilingüe de persoas xordas como unha modalidade de ensino independente.

Fonte: Senado Notícias

Manifestacións por toda Francia esixirán que se cumpra a lei para a protección e promoción das linguas rexionais francesas

Ante a anulación do artigo 4 da lei para a protección e promoción das linguas rexionais de Francia (lei Molac) por parte do Consello Constitucional, convocáronse por todo o país multitude de manifestacións para esixir que a devandita lexislación se cumpra na súa integridade.

Fonte: Jornalet

Unha iniciativa anima as persoas de Manchester a aprenderen a lingua de signos

As persoas que residan na cidade inglesa de Manchester e arredores poden anotarse de balde a un curso de lingua de signos de seis semanas como parte de Signs4Life, unha iniciativa para a mellora da comunicación coa comunidade de persoas xordas ou con dificultades de audición.

Fonte: In your area

Activistas a prol do gaélico irlandés maniféstanse diante da Asemblea de Irlanda do Norte para demandar lexislación en materia lingüística

Un grupo de activistas mobilizouse diante do edificio da Asemblea de Irlanda do Norte en Stormont para demandar que o executivo aprobe a lexislación prometida que garanta servizos en gaélico irlandés.

Fonte: RTÉ

Nace unha nova canle de televisión en lingua portuguesa

A empresa de telecomunicacións Media Capital asinou un acordo coa CNN para a creación da CNN Portugal, unha nova canle de contidos en portugués.

Fonte: Portal Alta Definição

Unha iniciativa celebrará a literatura en lingua portuguesa con motivo da Feira do Libro de Leipzig

O Instituto Camões anunciou que Afonso Reis Cabral, Isabela Figueiredo, Patrícia Portela e José Luís Peixoto participarán na iniciativa "Portugal Le: um ollar sobre o país convidado 2022", con motivo da Feira do Libro de Leipzig adiada para 2022 por causa da pandemia da covid-19.

Fonte: Porto Canal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder