Mundo
A aplicación sobre a vacinación do Goberno do Reino Unido non estará dispoñible en galés

O ministro principal do País de Gales, Mark Drakeford, informou de que a aplicación sobre vacinación do Servizo Nacional de Saúde británico non estará en principio dispoñible en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
Unhas xornadas debaten o futuro da lingua mirandesa
A vila portuguesa de Miranda do Douro acolleu as III Xornadas da Lingua Mirandesa Amadeu Ferreira onde se debateu o futuro da segunda lingua oficial de Portugal. Segundo o investigador da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, a preservación do mirandés está nun momento crucial e lembra que cómpre actuar para garantir a súa supervivencia.
Fonte: Jornal Nordeste
A provincia canadense de Ontario precisa máis profesorado de lingua francesa
O ministro de Universidades de Ontario, Ross Romano, anunciou que o goberno desenvolverá un programa para garantir a contratación de profesorado de francés e facer fronte a un déficit no número de profesores desta materia nas escolas da provincia.
Fonte: The Sault Star
Unha comunidade de lingua eslava sobrevive no interior de Alemaña
A uns 100 km ao sur de Berlín, entre as rexións de Saxonia e Brandemburgo, sobrevive o pobo sorabo, un pequeno grupo étnico de lingua eslava que constitúe unha das catro minorías culturais recoñecidas a nivel nacional.
Fonte: ZAP
Diferentes localidades brasileiras celebran a Semana da Lingua Alemá
Varias localidades e cidades brasileiras organizan, coa colaboración das embaixadas de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza, a Semana da Lingua Alemá.
Fonte: OCP News
A autoridade unitaria de Gwynedd investirá na inmersión lingüística en galés
A autoridade unitaria de Gwynedd, no norte do País de Gales, está desenvolvendo un exhaustivo plan para estender e mellorar os servizos de educación en inmersión en galés. A idea é que estes servizos cheguen tamén ás persoas que acaban de adquirir a residencia na zona para que sexan competentes na lingua vernácula.
Fonte: North Wales Chronicle
Abre unha nova escola de inmersión en occitano na rexión francesa de Occitania
A vila occitana de Cornonterralh, no distrito de Montpellier, acollerá unha nova 'calandreta' ou escola de inmersión en occitano a partir do próximo mes de setembro.
Fonte: Jornalet
Unha lei do Quebec defende que o francés sexa a única lingua oficial

A proposición de lei 96 presentada en maio polo ministro de Lingua Francesa do Goberno do Quebec, Simon Jolin-Barrette, pretende recoñecer constitucionalmente o Quebec como nación francófona onde o francés sexa a única lingua oficial.
Fonte: Nationalia
A Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa propón crear unha ruta para visibilizar e promocionar o mirandés
A Asociación da Lingua e Cultura Mirandesa (ACLM) investirá medio millón de euros en varias iniciativas para a promoción do mirandés entre as que destaca unha ruta sobre a obra e o pensamento de nove autores ligados á salvagarda desta lingua.
Fonte: RTP
Unha exposición reunirá varios manuscritos medievais escritos en córnico

Dúas importantes bibliotecas, a Biblioteca Bodleiana de Oxford e a Biblioteca Nacional de Gales en Aberystwyth, cederán por un tempo catro manuscritos medievais escritos en córnico para a exposición "Mes a’n Kemmyn/Out of the Ordinary" en Cornualles. Trátase dos documentos orixinais máis importantes para a conservación desta lingua celta falada en Cornualles.
Fonte: Cornish & Devon Post
Boletín
Subscríbase ao boletín