Mundo
Estonia creará unha plataforma de tradución para fomentar o uso e desenvolvemento da lingua estoniana
Estonia contará cunha plataforma de tradución que garantirá o uso e desenvolvemento da lingua estoniana no contexto da tecnoloxía dixital.
Fonte: ERR
Todos os teclados dos computadores públicos de Irlanda deberán estar adaptados ao gaélico
Todos os teclados de computador dos organismos públicos de Irlanda deberán a partir de agora ofrecer a posibilidade de escribir todos os caracteres do gaélico, especialmente o acento agudo nas vogais.
Fonte: Independent
A Universidade do Miño crea xogos educativos destinados á aprendizaxe de linguas
O Centro de Investigación en Estudos da Crianza (CIEC) da Universidade do Miño e o Agrupamento de Escolas de Póvoa de Lanhoso (AEPL) desenvolveron o proxecto GameLet que consiste nunha aplicación dixital con xogos para que adolescentes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras.
Fonte: Braga TV
Corea do Norte quere prohibir o uso do argot procedente do dialecto surcoreano
O Goberno de Corea do Norte advertiu a través de medios oficiais que a xente nova debe usar o estándar oficial imposto polo país en detrimento do argot procedente de Corea do Sur.
Fonte: BBC
O Goberno do País de Gales non atinxiu os obxectivos de aumentar as porcentaxes de ensino en galés
A pesar de que o ensino de inmersión en galés segue medrando, o Goberno de Gales non cumpriu os obxectivos previstos e o ritmo de crecemento é menor do esperado. Estes obxectivos son fundamentais para poder atinxir a cifra do millón de falantes de galés antes de 2050.
Fonte: BBC
A CPLP aproba a admisión de España como observador asociado

O XIII Cumio de Xefes de Estado e de Goberno da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) aprobou a admisión de España como observador asociado e a asociación Docentes de Português na Galiza como observador consultivo.
Mia Couto recibe o premio literario Manuel de Bonaventura
O escritor mozambicano Mia Couto recibiu na vila de Esposende o premio literario Manuel de Boaventura pola súa novela O Mapeador de Ausências.
Fonte: Renascença
Unha iniciativa demanda que todas as localidades de Occitania teñan sinalización en lingua occitana
Unha asociación a favor da lingua occitana publicou unha petición en liña para que se autorice a sinalización oficial en occitano de todas as localidades do territorio de Occitania.
Fonte: Jornalet
As persoas que queiran traballar no Goberno de Gales deberán ter un nivel básico de galés
O Goberno de Gales está a piques de cambiar a súa política de contratación pública. A partir de agora as persoas que queiran traballar no ámbito público deberán ter un nivel básico de galés.
Fonte: BBC
O Goberno de Malta pechará as escolas de ensino do inglés por mor da covid-19
O Goberno de Malta decretou o peche de todas as escolas de ensino da lingua inglesa a partir do 14 de xullo a causa do incremento de casos de covid-19. Esta medida podería ocasionar perdas económicas de até 40 millóns de euros.
Fonte: The Pie News
Boletín
Subscríbase ao boletín