Mundo
O Goberno de Ruanda introducirá o ensino do braille e a lingua de signos nas escolas
O Goberno de Ruanda quere introducir un ambicioso currículo de necesidades especiais que establece o ensino do braille e a lingua de signos nas escolas públicas do país africano.
Fonte: All Africa
Unha campaña de odio obriga a unha escola de inmersión en gaélico de Belfast a mudar a súa localización
Unha campaña de odio nas redes sociais obrigou a unha escola infantil de inmersión en gaélico irlandés en Belfast a buscar unha nova localización. A escola ía a ser o primeiro centro das súas características nun barrio do leste da capital norteirlandesa.
Fonte: The Irish Times
O Goberno do Canadá inviste na promoción das linguas oficiais en Columbia Británica
O Goberno do Canadá financiará as actividades de once organizacións que apoian a promoción das linguas oficiais canadenses na provincia de Columbia Británica.
Fonte: Newswire
Pechan un portal de noticias en lingua tibetana
O portal de noticias en lingua tibetana Tibet Rooster foi clausurado ante o medo de que o Goberno da China tome medidas drásticas e represalias contra os seus lectores. O xornal contaba cunha ampla cobertura tanto no Tíbet como na diáspora.
Fonte: Phayul
Dúas localidades de Sardeña acollen o primeiro festival de cultura e lingua sardas
As localidades sardas de Ussaramana e Villanovaforru albergarán 'Arrexini', o primeiro festival de lingua e cultura sardas. O acto analizará o uso da lingua sarda a nivel institucional.
Fonte: Sardiniapost
Unha muller xorda gaña unha batalla xudicial pola falta de interpretación en lingua de signos nas sesións informativas do Goberno británico sobre a covid-19
Katie Rowley, unha muller xorda de 36 anos, gañou o proceso xudicial que iniciara tras demandar o Goberno británico pola falta de interpretación en lingua de signos nas sesións informativas sobre a covid-19.
Fonte: BBC
Actualizan o Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa

A Academia Brasileira de Letras actualizou o Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa con mil novos termos.
Fonte: Estado de Minas
O Goberno de Gales destinará fondos para o desenvolvemento das linguas na infancia
O Goberno do País de Gales sufragará con 250 000 libras a adquisición e desenvolvemento lingüístico na infancia.
Fonte: North Wales Chronicle
A ONU recibe unha queixa formal pola discriminación das linguas vernáculas francesas
A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, polas súas siglas en inglés) trasladou unha queixa formal á ONU pola discriminación que seguen a sufrir as linguas vernáculas de Francia por parte do Estado francés.
Fonte: ELEN
O director da canle en galés S4C abandona o cargo cos índices de audiencia en alza en todas as plataformas
O director executivo da canle en lingua galesa S4C, Owen Evans, abandonou o cargo coa satisfacción de ver como as porcentaxes de audiencia medraron en todas as plataformas.
Fonte: Business Live
Boletín
Subscríbase ao boletín