Mundo

A segunda canle da RTP incumpre de novo as cotas de programación en lingua portuguesa

Un relatorio mostra que o RTP2, o segundo canle da RTP (Radio e Televisión de Portugal), volve incumprir por cuarto ano consecutivo as cotas de programación en lingua portuguesa.

Fonte: Público

Unha iniciativa da BBC promoverá o uso do gaélico escocés

Dous xornalistas da BBC, Joy Dunlop e Calum Maclean, crean a iniciativa SpeakGaelic, unha nova ferramenta que promoverá o uso e a aprendizaxe da lingua gaélica en Escocia.

Fonte: Forres Gazette

O río Saint-Jean do Canadá recupera o seu nome indíxena

A Primeira Nación Wolastoqey da provincia canadense de Novo Brunswick recupera a denominación indíxena do río Saint-Jean que pasará a chamarse Wolastoq.

Fonte: Radio-Canada

Un quinto do funcionariado da República de Irlanda deberá falar gaélico con fluidez

O Goberno da República de Irlanda anunciou que a nova lei de Linguas Oficiais estipulará que antes de 2030 o 20 % do funcionariado que traballe na función pública deberá falar gaélico irlandés con fluidez.

Fonte: The Irish Times

Aproban un novo plan para a promoción da lingua gaélica na República de Irlanda

O ministro de Gaeltacht e Deportes da República de Irlanda, Jack Chambers, aprobou un plan de promoción do gaélico no municipio de West Mayo, no noroeste do país.

Fonte: Gov.ie

Unha alta porcentaxe do alumnado británico non recibiu clases de linguas estranxeiras durante o confinamento da covid-19

Un estudo elaborado polo British Council revelou que a maior parte do alumnado de primaria e un 40 % do alumnado de secundaria do Reino Unido non recibiu ningún tipo de docencia en linguas estranxeiras durante o primeiro confinamento da covid-19.

Fonte: The Guardian

Demándase máis investimento para a promoción do ensino do portugués na CPLP

O expresidente da República de Cabo Verde, Pedro Pires, demandou máis apoio financeiro para o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) co fin de potenciar o ensino do portugués na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: RTP Notícias

Organizan unha carreira en Córsega para promocionar e valorizar a lingua corsa

A asociación Parlemu Corso organizou o 'Currilingua', unha carreira de 90 quilómetros entre as localidades de Borgo e Solenzara co obxectivo de valorizar e promocionar o uso da lingua corsa en toda a illa de Córsega.

Fonte: Alta Frequenza

Un estudo revela que só un 1 % da cidadanía brasileira fala inglés con fluidez

Un estudo elaborado polo British Council e o Instituto de Pesquisa Data Popular revelou que o 95 % da cidadanía brasileira non fala con fluidez a lingua inglesa.

Fonte: Costa Norte

Unha manifestación denuncia unha agresión a un falante de éuscaro en Saint-Jean-de-Luz

Centos de persoas manifestáronse na localidade vascofrancesa de Saint-Jean-de-Luz para denunciar a agresión a un falante de éuscaro.

Fonte: Franceinfo

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder