Mundo

O Goberno boliviano crea o Certificado Único de Idiomas Oficiais do Estado Plurinacional de Bolivia

O Goberno boliviano regulou as funcións do Instituto Plurinacional de Estudo de Linguas e Culturas (IPELC) que se converte así na única instancia que pode acreditar o dominio dos idiomas oficiais recoñecidos na Constitución do país.

Fonte: El Deber

Un convenio entre o Goberno mexicano e a Universidade Autónoma de Querétaro permitirá ter nas bibliotecas da institución materiais en linguas indíxenas

A Secretaría de Cultura do Goberno de México, a través do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), asinou un convenio coa Universidade Autónoma de Querétaro co obxectivo de promover, preservar e difundir a cultura mexicana en xeral, en especial, a súa diversidade lingüística.

Fonte: Exprés

Suíza podería levar a referendo o emprego da linguaxe inclusiva antes de que se introduza nas escolas

A polémica suscitada arredor do uso da linguaxe inclusiva podería levar a Suíza a convocar un referendo. Neste sentido, o país helvético vai por diante de Francia e xa desde a década dos 90, a Administración promove o emprego do xénero neutro nas súas tres principais linguas (alemán, francés e italiano).

Fonte: El Mundo

O irlandés supera o francés como segundo idioma máis popular no nivel A en Irlanda do Norte

Malia que o español segue a ser a lingua máis demandada para o primeiro nivel, a demanda de irlandés está incrementándose e xa supera o francés como segundo idioma máis solicitado.  

Fonte: Objetivo Famosos

Unha localidade uruguaia fundada por inmigrantes rusos traballa para recuperar a lingua rusa

A localidade uruguaia de San Javier, fundada hai 108 anos por inmigrantes rusos, conta con 1700 habitantes, dos cales un 60 % son descendestes destes primeiros poboadores. Estes conservan as súas tradicións culturais e gastronómicas, pero o idioma estase a perder.

Fonte: Sputnik

Activistas de linguas indíxenas de México e Australia comparten as súas estratexias nun evento en liña

Este evento en liña, organizado por Global Voices e First Languages Australia, co apoio da Embaixada da Australia en México, celebrouse o pasado 13 de xullo e nel activistas de linguas indíxenas compartiron as súas estratexias en relación coas linguas destes dous países, que son dos que posúen máis diversidade lingüística do planeta.

Fonte: Global Voices

O Goberno de Oaxaca asina un convenio para o rescate das linguas en risco de desaparición do pobo chocholteco

O Goberno de Oaxaca asinou dous acordos co Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali), a Secretaría de Cultura Federal e autoridades municipais de 19 pobos chocholtecos co obxectivo de preservar, revitalizar e desenvolver a identidade cultural e lingüística da nación chocholteca -Ngigua/Ngiba-.

Fonte: El Universal

Piden que se garanta o acceso ao voto nas linguas indíxenas da provincia arxentina de Salta

A Fronte Grande de Salta denuncia que toda a información está en castelán, unha lingua que non fala moita da poboación indíxena da provincia. Por este motivo, demándanlle ao Tribunal Electoral a adaptación do sistema aos idiomas que se falan nos distintos departamentos, como o wichí lhämtés, chorote, chulupi, guaraní ou quechua.

Fonte: Página 12

O Consello Constitucional de Francia anula a posibilidade de ensinar linguas rexionais nas escolas públicas

O Consello Constitucional de Francia, apoiándose no artigo da constitución que declara o francés como a lingua da República, impide o ensino das linguas rexionais ou o emprego de grafías autóctonas nas escolas públicas das rexións onde se fala bretón, catalán ou éuscaro.

Fonte: Ibercampus

Arranca en México a quinta edición da Feira das Linguas Indíxenas Nacionais

A quinta edición da Feira das Linguas Indíxenas Nacionais (FLIN) ten como tema principal a planificación lingüística comunitaria. Celebrarase nun formato mixto (presencial e virtual) cun programa que mestura actividades académicas, presentacións artística e culturais etc.

Fonte: Unesco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder