Mundo

O Instituto Politécnico de Viana do Castelo crea unha plataforma dixital de lingua de signos

Investigadores da Escola Superior de Tecnoloxía e Xestión (ESTG) do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC) crean unha plataforma dixital de interpretación de lingua de signos portuguesa para axilizar a comunicación entre a poboación xorda e a comunidade ouvinte.

Fonte: O Minho 

Taiwán lanza unha plataforma de noticias en lingua inglesa para lle dar á illa máis proxección internacional

O Goberno de Taiwán lanzou unha nova plataforma de noticias en lingua inglesa, Taiwan+, co fin de dotar a provincia autónoma chinesa de maior voz no panorama internacional.

Fonte: Reuters

Un estudo universitario explica os motivos polos que aprender unha lingua é tan difícil na idade adulta

Un estudo elaborado na Universidade de California en San Francisco revelou por que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira é tan difícil na idade adulta. A clave parece estar na plasticidade e estabilidade do noso cerebro.

Fonte: University of California San Francisco

A República Moldova celebra o Día da Lingua Romanesa

A República Moldova organizou diferentes actos para celebrar o Día da Lingua Romanesa, efeméride que conmemora a reintrodución do alfabeto latino despois da dominación soviética.

Fonte: Balkan Insight

O ensino de inmersión en gaélico irlandés estáncase na República de Irlanda

Entidades responsables do ensino do gaélico irlandés revelaron datos que confirman que o ensino de inmersión nesta lingua se estancou no territorio da República de Irlanda mentres que en Irlanda do Norte experimentou un pequeno ascenso.

Fonte: The Times

O turco é a cuarta lingua máis usada do mundo en creación de contido web

Segundo un informe elaborado por unha axencia de marketing, a lingua turca ocuparía o cuarto lugar do mundo en creación de contido en internet.

Fonte: Daily News

Helsinqui podería converterse nunha cidade anglófona

O alcalde de Helsinqui, Juhana Vartiainen, declarou que a capital de Finlandia podería en breve considerarse unha cidade "de fala inglesa" co propósito de convertela nun lugar máis atractivo para profesionais estranxeiros.

Fonte: YLE

Un proxecto pretende paliar a falta de terminoloxía científica das linguas africanas

O proxecto de investigación "Decolonise Science" permitirá estender o uso da terminoloxía científica nas linguas de África por medio da tradución de artigos científicos a seis idiomas africanos falados en países diferentes.

Fonte: Nature

Varias persoas non poden voar ao Reino Unido por teren a documentación sobre a covid-19 en galego

Un bo número de viaxeiros galegos non puido voar ao Reino Unido pola negativa deste país de aceptar probas ou documentación sobre a covid-19 en lingua galega. 

Fonte: Praza Pública

A situación xerada pola pandemia da covid-19 obstaculiza o proxecto para ensinar galés en Arxentina

A pandemia da covid-19 está impedindo a continuación do programa do British Council que leva profesorado do País de Gales a Arxentina para ensinar a lingua galesa. Desde o mes de marzo do ano pasado, non chegou ningún profesorado novo que permitise a reactivación das clases presenciais de galés.

Fonte: Nation Cymru

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder