Mundo
A Comisión de Cultura da Cámara dos Deputados do Brasil garantirá os dereitos lingüísticos das comunidades indíxenas
A Comisión de Cultura da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto que garante o exercicio dos dereitos lingüísticos de todas as persoas que falen unha lingua orixinaria.
Fonte: Câmara dos Deputados
Un estudo sociolingüístico mostra un crecemento no uso do éuscaro en Iparralde
O estudo O incrible éxito da lingua vasca, do sociólogo Eguzki Urteaga, revela que o uso do éuscaro en Iparralde está en auxe incluso entre a xente nova.
Fonte: Jornalet
Reeditan os volumes do Cancioneiro Tradicional Mirandés
A Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal reeditou os dous volumes que compoñen o Cancioneiro Tradicional Mirandés, libro esencial para a lingua e cultura mirandesas.
Fonte: Jornal de Notícias
Unha campaña pública pide que o inglés sexa lingua oficial de Luxemburgo
Unha campaña pública quere reunir sinaturas a favor de que o inglés se converta na cuarta lingua oficial de Luxemburgo, despois do luxemburgués, alemán e francés.
Fonte: Luxembourg Times
Un ambicioso plan avoga por incrementar o número de falantes de galés en Newport
A cidade galesa de Newport aprobou un ambicioso proxecto que pretende incrementar a porcentaxe de falantes de galés en todo o municipio por medio da educación e o emprego.
Fonte: Nation Cymru
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Chinesa
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Chinesa cunha importante variedade de actividades que permitirán que a cidadanía neozelandesa se achegue ás tradicións chinesas.
Fonte: Shine News
Presentan unha campaña para recuperar o nome orixinario de Nova Zelandia
O Partido Maorí presentou unha campaña para que o nome orixinario do país en maorí, Aotearoa, sexa recoñecido como oficial.
Fonte: Jornalet
O banco HSBC aproba un plan para ofrecer servizos en lingua galesa no País de Gales
O banco HSBC aprobou un ambicioso plan de formación en galés para o seu persoal que permitirá nun futuro ofrecer información e servizos por medio desta lingua en todo o País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
As comunidades indíxenas de México acceden a información sexual e reprodutiva a través de espazos radiofónicos en linguas nativas
O Instituto de Liderado Simone de Beauvoir crea espazos radiofónicos en linguas nativas de México para que as persoas de comunidades indíxenas teñan coñecemento dos seus dereitos sexuais e reprodutivos.
Fonte: Vértigo Político
A ONU conmemora o Día Internacional das Linguas de Signos

Como cada 23 de setembro desde 2018, a Organización das Nacións Unidas (ONU) conmemora o Día Internacional das Linguas de Signos para promover e apoiar a diversidade lingüística das persoas xordas de todo o mundo.
Fonte: United Nations
Boletín
Subscríbase ao boletín