Mundo
Letonia anúlalle o contrato a unha canle de televisión de lingua rusa
O consello regulador dos medios de comunicación de Letonia (NEPLP, polas súas siglas en letón) anulou o contrato da canle de lingua rusa PBK por incumprimento grave das condicións na emisión de contidos audiovisuais.
Fonte: Broadband TV News
A escritora mozambicana Paulina Chiziane vence o Premio Camões

A escritora mozambicana Paulina Chiziane foi a galardoada do Premio Camões 2021, o de maior prestixio da lingua portuguesa.
Fonte: RTP Notícias
A Fundación do Cinema de Finlandia financia o primeiro filme gravado na lingua saami de Skolt
A Fundación do Cinema de Finlandia financiará con 800 000 euros a realización de Je'vida, primeiro filme gravado na lingua saami de Skolt, un idioma seriamente ameazado que se fala no norte de Finlandia e Rusia.
Fonte: The Barents Observer
O portugués é agora lingua oficial dos tribunais de contas da CPLP
A XXI asemblea xeral da organización das Institucións Superiores de Control da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) celebrada en Lisboa acordou converter o portugués en lingua oficial de todos os tribunais de contas da CPLP.
Fonte: SAPO
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo estrea unha nova exposición
O Museo da Lingua Portuguesa estrea a exposición temporal Sonhei em português!, un novo espazo expositivo dedicado ao tema das migracións no século XXI.
Fonte: ABC do ABC
Un filme en estoniano entra na selección de mellores producións en lingua estranxeira dos Óscar
O filme estoniano On the water entrou na selección de películas que van loitar polo premio á mellor produción en lingua estranxeira dos premios Óscar.
Fonte: Estonian World
Traducen o himno de Angola á lingua kimbundu
O profesor e xornalista angolano Ricardo Prata é o autor da nova versión do himno nacional angolano ao kimbundu, unhas das principais linguas vernáculas do país. O autor espera agora que a partir desta versión xurdan novas traducións do himno a outros idiomas nacionais.
Fonte: DW
Un acordo entre Duolingo e o Goberno de Gales dará un impulso adicional á lingua galesa

Un novo acordo entre o Goberno de Gales e a plataforma de aprendizaxe en liña Duolingo permitirá dar un apoio adicional á aprendizaxe da lingua galesa.
Fonte: South Wales Argus
Un proxecto quere salvar dúas variedades do astur-leonés faladas en Bragança
O riodonorés e o guadramilés son variedades do astur-leonés faladas aínda en dúas freguesías do Concello de Bragança. Un proxecto quere agora revitalizalas e pólas en valor.
Fonte: Mensageiro de Bragança
O Concello de Perpiñán bloquea a creación dun instituto de inmersión en catalán
A escola Bressola de ensino en catalán acusa o Concello de Perpiñán, no Roselló, de impedir o proxecto de instituto de inmersión en catalán no mosteiro de Santa Clara e anuncia que presentará un recurso nos tribunais.
Fonte: Ara
Boletín
Subscríbase ao boletín