Mundo
A Expo 2020 de Dubai homenaxea a lingua portuguesa
A Expo 2020 que ten lugar en Dubai, nos Emiratos Árabes Unidos, homenaxea a lingua portuguesa no seu Festival da Lusofonía. Na celebración estarán presentes varios artistas de diferentes países de lingua oficial portuguesa.
Fonte: NiT
Bota a andar un novo proxecto en liña para aprender gaélico escocés
O servizo de telecomunicacións escocés, MG Alba, ofrece SpeakGaelic un novo espazo virtual e interactivo dedicado ás persoas que queiran aprender ou perfeccionar o seu coñecemento de gaélico escocés.
Fonte: The Northern Scot
Unha organización leva o Goberno de Nunavut aos tribunais por non ofrecer educación en lingua inuit
O organismo que actúa de representante do pobo inuit perante as institucións públicas, Nunavut Tunngavik Incorporated, abriu unha causa xudicial contra o goberno da provincia canadense de Nunavut por non ser quen de proporcionar ensino en lingua inuit na rede de escolas públicas.
Fonte: Nunatsiaq News
Premian un neno británico polo seu labor ensinando a lingua de signos durante o confinamento

Tyrese Dibba, un neno británico de 16 anos, recibe o premio 'Point of Light' pola súa contribuación á hora de ensinar a lingua de signos británica durante o confinamento.
Fonte: BBC
Un programa lingüístico da Universidade de Harvard trasládase de Beijing a Taiwán
A Universidade de Harvard decidiu trasladar o seu programa intensivo de verán de lingua chinesa da China continental a Taipei, capital de Taiwán.
Fonte: The Intelligencer
O Goberno da República Checa endurece a proba de checo para conseguir a residencia permanente
As persoas estranxeiras que queiran ter a residencia permanente na República Checa deberán agora superar un exame de checo máis complicado de nivel A2.
Fonte: Radio Prague International
A conclusión do Museo da Lingua Portuguesa será o maior desafío para o presidente da Cámara Municipal de Bragança
O presidente da Cámara Municipal de Bragança, Hernâni Dias, escolleu a conclusión do Museo da Lingua Portuguesa como un dos maiores desafíos que o municipio afronta nesta nova lexislatura iniciada despois das recentes eleccións municipais.
Fonte: Mundo Lusíada
Malaui oficializa a súa lingua de signos
O presidente de Malaui, Lazarus Chakwera, decretou a oficialización da súa lingua de signos que pasará a empregarse en actos oficiais e programas de televisión.
Fonte: Africa.com
Corea do Sur celebra o Día do Alfabeto Coreano
Corea do Sur celebra o seu Día Nacional do Alfabeto Coreano ou hangul. Moitos puristas aproveitan esta data para alertar sobre a ameaza que está a sufrir a lingua coreana pola frecuente irrupción de vocábulos estranxeiros.
Fonte: DW
Un plan de mellora da educación en galés será sometido a consulta pública na autoridade unitaria de Carmarthenshire
A autoridade unitaria de Carmarthenshire no País de Gales someterá a consulta pública un plan que regulará o ensino bilingüe galés-inglés nas escolas durante os próximos dez anos.
Fonte: South Wales Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín