Mundo

O deputado Paul Molac é elixido presidente da Oficina Pública da Lingua Bretoa

O deputado na Asemblea de Francia, Paul Molac, principal defensor dunha lei que garanta a oficialidade das linguas rexionais de Francia, foi elixido novo presidente da Oficina Pública da Lingua Bretoa.

Fonte: Ouest France

O Goberno do Reino Unido confirma que aprobará lexislación a favor da lingua irlandesa en Irlanda do Norte

O Goberno do Reino Unido convidou os partidos políticos da Asemblea de Irlanda do Norte a unha reunión informativa sobre a aprobación dunha lei sobre a lingua irlandesa.

Fonte: RTÉ

A China prohibirá o ensino da lingua tibetana nos mosteiros budistas

Segundo se desprende dunha conferencia realizada na provincia de Qinghai, a China vai prohibir o uso da lingua tibetana como idioma de comunicación e estudo nos mosteiros budistas. 

Fonte: Radio Free Asia

Un estudo constata que as persoas que falan galés sofren discriminación á hora de sacar o permiso de condución

Un estudo difundido no País de Gales constata que as persoas que falan galés sofren unha clara discriminación á hora de se presentaren aos exames para obter o permiso de condución.

Fonte: Nation Cymru

A Cámara de Deputados do Brasil aproba a introdución da aprendizaxe obrigatoria do español no ensino medio

A Comisión de Constitución e Xustiza da Cámara de Deputados do Brasil aprobou a proposta de incluír a lingua española como materia obrigatoria no ensino medio.

Fonte: Câmara dos Deputados

Dous ministerios de Alxeria poñen fin ao uso do francés na correspondencia oficial

En vista das crecentes tensións con Francia, os ministerios de Formación Profesional e Xuventude e Deportes de Alxeria decidiron pór fin ao uso do francés nas correspondencias oficiais.

Fonte: Middle East Monitor

A Axencia Rexional para a Lingua Friulana (Arlef) presenta o Plan Xeral de Política Lingüística

A Axencia Rexional para a Lingua Friulana (Arlef) presentou o Plan Xeral de Política Lingüística da Lingua Friulana onde se demanda unha intervención urxente para evitar que este idioma siga perdendo falantes.

Fonte: Udine Today 

Unha profesora da Universidade Autónoma de Lisboa crea unha nova aplicación destinada á aprendizaxe do portugués europeo

Unha profesora do Departamento de Psicoloxía da Universidade Autónoma de Lisboa creou GOGENIUS, unha nova aplicación destinada á aprendizaxe do portugués europeo. A ferramenta está pensada principalmente para persoas emigradas que acaban de chegar a Portugal.

Fonte: SAPO

Unha muller migrante publica un libro en Luxemburgo para axudar a aprender a lingua alemá nas escolas infantís

Cíntia Ertel, migrante brasileira en Luxemburgo, publicou o libro O papagaio imigrante co que pretende axudar as crianzas de familias lusófonas a aprenderen mellor o alemán, a primeira lingua de instrución nas escolas infantís luxemburguesas.

Fonte: Notícias ao Minuto

A China elimina do seu programa nacional de desenvolvemento infantil a obriga de educar na lingua materna

A China continúa reforzando a asimilación cultural e lingüística das minorías étnicas ao eliminar do seu programa nacional de desenvolvemento infantil a obriga de educar na lingua materna das crianzas.

Fonte: VOA News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder