Mundo
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Romaní

Como cada 5 de novembro, o mundo celebra o Día Internacional da Lingua Romaní. Para marcar esta efeméride, Tatjana Anđelić, presidenta do Comité de Asuntos do Pobo Xitano do Consello de Europa apelou á protección, promoción e preservación da lingua romaní.
Fonte: Council of Europe
Atopan en Italia unha obra de finais do século XV con palabras en éuscaro
A editorial Mintzoa encontrou unha obra impresa do século XV con palabras en éuscaro. Á marxe dos manuscritos medievais, o achado sería o testemuño escrito máis antigo en lingua vasca.
Fonte: La Vanguardia
Romanía pídelle a Ucraína que deixe de empregar o termo 'moldovo' para se referir á lingua oficial da República Moldova
O ministro de Asuntos Exteriores de Romanía, Bogdan Aurescu, pediu ao seu homólogo ucraíno que deixe de se referir á lingua oficial da República Moldova como "moldovo" e empregue o termo "romanés".
Fonte: Balkan Insight
O Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa

Como cada 5 de novembro desde 2006, o Brasil celebra o Día Nacional da Lingua Portuguesa.
Fonte: Senado Federal
O Goberno da República de Irlanda lanza unha campaña para promover o uso do gaélico nas empresas
O Taoiseach ou primeiro ministro da República de Irlanda anunciou o lanzamento dun programa de promoción do gaélico no seo das empresas.
Fonte: The Irish Times
Unha cidade de Pensilvania vota a favor de manter o inglés como lingua oficial
Unha votación realizada na cidade de Allentown, en Pensilvania (EUA), resolveuse a favor de manter a lingua inglesa como idioma oficial. A localidade caracterízase por ter unha alta porcentaxe de residentes procedentes de países hispanos.
Fonte: Axios
Unha iniciativa dará formación en lingua portuguesa a 40 mil docentes en Angola
Unha iniciativa do Ministerio de Educación de Angola con financiamento do Banco Mundial dará formación en lingua portuguesa e matemáticas a máis de 40 mil docentes de ensino primario e secundario.
Fonte: Novo Jornal
Un grupo de estudantes de Xerusalén pon en práctica unha iniciativa para aprender linguas
Un grupo de vinte estudantes de Xerusalén pon en marcha unha iniciativa de encontros casuais para aprender ou perfeccionar o hebreo e o árabe.
Fonte: Público
A Universidade de Aberystwyth entrega os premios 2021 pola contribución á lingua galesa
A Universidade de Aberystwyth, en Gales, fai entrega do Premio da Lingua Galesa 2021 a catro estudantes pola súa contribución á promoción do galés.
Fonte: Cambrian News
‘Vax’ convértese en palabra do ano 2021 en inglés

O equipo de lexicografía do Oxford English Dictionary declarou que a palabra ‘vax’ (vacina ou vacinar) é a nova palabra do ano 2021 na lingua inglesa.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín