Mundo

A presidenta de Xeorxia pídelle á Unesco que decrete o Día Mundial das Linguas Caucásicas

A presidenta de Xeorxia, Salome Zurabishvili, pediulle á Unesco que institucionalice o Día Mundial das Linguas Caucásicas, incluíndo a lingua abkhaza.

Fonte: AGENDA

Portugal celebra o seu Día Nacional da Lingua de Signos

Con motivo do Día Nacional da Lingua de Signos Portuguesa, a Policía de Seguranza Pública de Portugal confirmou que vai colaborar coa Porto Editora para reforzar o coñecemento da lingua de signos a toda a poboación.

Fonte: Notícias ao Minuto

Un informe revela as dificultades que ten a Autoridade Unitaria de Anglesey en Gales para manter o galés como primeira lingua da poboación

Un novo informe revela que a Autoridade Unitaria de Anglesey, no norte do País de Gales, debe adoptar unha nova estratexia de promoción da lingua galesa co obxectivo de manter o galés como principal lingua vehicular da poboación. A emigración proveniente de Inglaterra e as novas tendencias orixinadas da pandemia están provocando un cambio nos usos lingüísticos a favor do inglés.

Fonte: North Wales Chronicle

Un programa en Gales tenta revitalizar as destrezas lingüísticas dos falantes de galés

O programa The Friend in Need, da organización benéfica galesa Age Cymru, tenta revitalizar por medio de conversas telefónicas as habilidades lingüísticas de falantes de galés que xa non poden usar a lingua no seu día a día.

Fonte: BBC

Arranca o Festival de Cinema entre a China e os países de lingua oficial portuguesa

O Festival de Cinema entre a China e os países de lingua oficial portuguesa exhibirá en Macau 30 filmes de países como a China, o Brasil, Portugal e Angola.

Fonte: Plataforma Media

A China aspira a que o chinés se converta en lingua oficial de máis organismos internacionais

O Ministerio de Educación da China anunciou que promoverá que o chinés se converta en lingua de traballo ou oficial de máis organismos ou convencións internacionais.

Fonte: Global Times

Unha produción audiovisual da RTP exclúe completamente o galego

Chegar a casa é unha serie de 20 episodios da televisión pública portuguesa (RTP) que exclúe completamente en galego. O elenco de orixe portuguesa fala portugués mais o de orixe galega fala en castelán. A serie será emitida tamén na TVG.

Fonte: Portal Galego da Língua

A agricultura propiciou a difusión das linguas transeurásicas como o xaponés ou o turco

Un estudo publicado na revista Nature revela que a orixe e dispersión das linguas transeuráriscas, como o xaponés, o coreano, o mongol ou o turco, se debe aos desprazamentos de agricultores do nordeste de Asia hai 9000 anos.

Fonte: New Scientist   

O Goberno federal do Canadá destina unha importante partida orzamentaria á revitalización das linguas indíxenas da Columbia Británica

O Goberno Federal do Canadá investiu case 7 millóns de dólares canadenses en programas das Primeiras Nacións da Columbia Británica destinados a revitalizar as súas linguas indíxenas. 

Fonte: CBC

A habilidade lingüística do empresariado finlandés afecta á contratación de man de obra estranxeira

Un estudo demostra que o empresariado finlandés é remiso a contratar man de obra estranxeira pola súa falta de confianza nas súas propias habilidades lingüísticas.

Fonte: Helsinki Times

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder