Mundo
Un estudo alerta da extinción masiva de linguas no mundo
Un estudo elaborado en Australia e publicado na revista Nature Ecology and Evolution revelou que unhas 1500 linguas das 7000 que se falan no mundo non terán falantes activos antes do final deste século.
Fonte: Voa News
Sobe o número de persoas estranxeiras que aprenden dinamarqués en centros públicos de ensino de Dinamarca
O Ministerio de Inmigración e Integración de Dinamarca revelou que o número de persoas estranxeiras que decide aprender dinamarqués en centros públicos de ensino aumentou considerablemente despois de que o Goberno eliminase as taxas asociadas.
Fonte: The Local
Crean o primeiro sitio en liña en lingua friulana para nenas e nenos

Ghiti é o primeiro sitio en liña completamente bilingüe friulano-italiano que se crea pensando na aprendizaxe das crianzas. A ferramenta conta con materiais de diferente tipo destinados a un público infantil que xa coñece ou non a lingua friulana.
Fonte: Wired
Unha muller e a súa avoa crean un dicionario para salvar unha lingua nativa de Oregón (EUA)
Aiyanna Brown e a súa avoa, Esther Stutzman, pertencen ao pobo kalapuya do estado de Oregón (EUA). Entre as dúas crearon un dicionario para salvagardar a súa lingua nativa.
Fonte: KCBY
A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro crea a primeira cátedra José Saramago
A Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD, polas súas siglas en portugués) creou a súa primeira cátedra José Saramago, único Premio Nobel de Literatura en Lingua Portuguesa. O centro de estudos da cátedra localizarase en Vila Real e estará dedicado á docencia, investigación e acción cultural.
Fonte: TSF
Demandan que as Nacións Unidas apoien a lexislación a prol do gaélico irlandés en Irlanda do Norte
A organización a prol do gaélico irlandés, Conradh na Gaeilge, pediulle á Organización das Nacións Unidas que apoie a aprobación inmediata de lexislación que garanta e protexa os dereitos das persoas que falan gaélico irlandés en Irlanda do Norte.
Fonte: The Irish News
Catro escritores de lingua portuguesa reciben axudas para traducir as súas obras ao francés
A Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas de Portugal informou de que os escritores de lingua portuguesa, Cecília Ferreira, Miguel Szymanski, José Eduardo Agualusa e Gonçalo M. Tavares recibirán axudas para traducir algunhas das súas obras ao francés.
Fonte: SAPO 24
Cada vez máis familias neozelandesas optan por nomes maorís para os seus fillos e fillas
Co fin de fortalecer os vínculos culturais e lingüísticos cos pobos orixinarios, cada vez máis familias de Nova Zelandia escollen nomes de orixe maorí para os fillos e fillas.
Fonte: The Guardian
Unha conferencia analiza o ensino da lingua portuguesa en Alemaña
O Grupo de Reflexión e Intervención da Diáspora Portuguesa de Alemaña (GRI-DPA, polas súas siglas en portugués) analiza nunha conferencia en Düsseldorf o ensino do portugués neste país e aborda os mecanismos para garantir o seu futuro.
Fonte: Alvorada
A Academia Brasileira de Letras lanza un novo dicionario en liña de portugués
A Academia Brasileira de Letras (ABL, polas súas siglas en portugués) lanzou unha nova versión do dicionario en liña da lingua portuguesa.
Fonte: EBC
Boletín
Subscríbase ao boletín