Mundo
Especialistas dunha universidade mexicana desenvolven un programa para traducir linguas indíxenas

Especialistas da Universidade Nacional Autónoma de México desenvolven un programa para traducir de xeito autómatico linguas indíxenas como o náhuatl ao español.
Fonte: Luces de Siglo
O presidente da República Irlanda ratifica a lei que garante máis dereitos para os falantes de gaélico irlandés
O presidente da República de Irlanda, Michael D Higgins, asinou a nova lei en materia lingüística que garante que o 20 % dos cargos públicos contratados en institucións estatais sexan competentes en gaélico irlandés.
Fonte: The Irish Times
O portugués é a terceira lingua máis falada en tres estados dos Estados Unidos de América

Segundo datos do Instituto de Políticas Migratorias dos Estados Unidos de América, o portugués é a terceira lingua máis falada nos estados americanos de Massachusetts, Connecticut e Rhode Island. En todo o país, a lingua de Camões é falada por 846 mil persoas.
Fonte: Gazeta Brazilian News
A Embaixada de Francia en Brasil oferta prazas de auxiliares lingüísticos en zonas francófonas
A Embaixada de Francia en Brasil abriu a selección de 36 prazas de auxiliares de lingua portuguesa en zonas francófonas, entre as que se inclúen 11 na Guayana Francesa.
Fonte: G1
Traducen ao gaélico escocés o clásico de Lucy Maud Montgomery
Unha editorial de Nova Escocia publicou a tradución ao gaélico escocés do clásico Anna, a das tellas verdes, da escritora Lucy Maud Montgomery. Trátase da primeira versión do libro nunha das linguas tradicionais da Illa do Príncipe Eduardo, provincia canadense onde se desenvolvou a trama do libro.
Fonte: CBC
Un estudo revela que unha gran migración da Idade do Bronce puido levar as linguas celtas ás Illas Británicas
Un estudo realizado na Universidade de York revelou que unha migración masiva da Idade do Bronce puido causar o espallamento das linguas celtas polas Illas Británicas.
Fonte: New Scientist
O Consulado do Brasil en Boston abre un concurso para fortalecer a lingua portuguesa no mundo
O Consulado do Brasil en Boston (EUA) aprobou un programa que anima a presentar proxectos que teñan como obxectivo divulgar e promover o idioma portugués no exterior. O programa recibe o apoio do Ministerio de Relacións Exteriores do Brasil.
Fonte: Brazilian Times
A China manda adolescentes tibetanos a campos de adoutrinamento onde non se respectan os seus valores culturais nin lingüísticos
Axencias de seguranza indias alertaron de que a China continúa enviando adolescentes tibetanos a campos de adoutrinamento que non respectan nin valoran a cultura de tradución budista nin a lingua tibetana.
Fonte: Hindustan Times
A Secretaría de Estado das Comunidades Portuguesas continuará valorizando a lingua portuguesa no estranxeiro

A secretaria de Estado das Comunidades Portuguesas, Berta Nunes, reiterou o seu apoio ás medidas de valorización da lingua portuguesa no estranxeiro coa integración do seu ensino nos currículos escolares.
Fonte: RTP
Iníciase unha campaña para traducir ao galés un popular xogo de computador
Un grupo de usuarios e usuarias do xogo de computador Football Manager iniciou unha campaña para traducilo á lingua galesa. Actualmente o popular videoxogo está traducido a 17 linguas.
Fonte: North Wales Live
Boletín
Subscríbase ao boletín