Mundo

O cambio de status da lingua irlandesa en Europa brinda novas oportunidades laborais para os seus falantes

O pleno recoñecemento do gaélico irlandés como lingua oficial en Europa traerá nos vindeiros anos máis oportunidades de traballo para falantes desta lingua no seo das institucións comunitarias.

Fonte: Leitrim Observer

A ONU promove o Decenio Internacional das Linguas Indíxenas

O Decenio Internacional das Linguas Indíxenas, que comeza neste 2022, é unha iniciativa da ONU que busca crear conciencia sobre a situación na que se atopan moitos idiomas do mundo e impulsar accións para a súa preservación.

Fonte: TeleSURtv

 

Un estudo revela que os cans poden recoñecer a diferenza entre linguas

Un estudo realizado na Universidade Eötvös Loránd de Hungría revelou que os cans conseguen percibir a diferenza entre distintos padróns de linguaxe e que mostran reaccións diferentes ao ouviren un idioma descoñecido.

Fonte: The Guardian

O portugués é lingua de uso habitual no Campionato Africano das Nacións de fútbol

O portugués é unha das principais linguas de expresión do Campionato Africano das Nacións 2021 de fútbol que deu comezo no Camerún.

Fonte: VOA

A Academia Francesa critica a versión bilingüe francés-inglés do novo DNI da República Francesa

A Academia Francesa, institución que vela pola protección e promoción do francés, criticou duramente que o novo DNI da República Francesa inclúa agora unha versión bilingüe en francés e inglés. 

Fonte: Euronews

Un estudo identifica 34 linguas indíxenas no estado brasileiro do Pará

Un estudo realizado pola Universidade Federal do Pará identificou un total de 34 linguas indíxenas neste territorio brasileiro da rexión amazónica.

Fonte: Agência Brasil

«Vacina» foi escollida como palabra do ano en portugués nunha votación promovida pola Porto Editora

Co 45 % dos votos, «vacina» foi escollida como palabra do ano, nunha votación na que en segunda posición quedou o termo «resiliência» (30 %). Nesta edición alcanzáronse arredor de 35 000 votos nesta iniciativa que reflicte os principais acontecementos e feitos que marcaron o ano en Portugal.

Fonte: Porto Editora

O irlandés convértese en lingua oficial da Unión Europea

Bruxelas actualiza o status do gaélico irlandés e outórgalle a plena oficialidade dentro da Unión Europea. A partir de agora todos os documentos serán traducidos ao gaélico, de igual xeito que xa se facía coas outras 23 linguas oficiais da UE.

Fonte: DW

Unha asociación de nais e pais de Sardeña impulsa un proxecto de escola infantil bilingüe sardo-inglés en Cagliari

O profesorado da escola infantil Bimbi in Allegria de Cagliari falará exclusivamente en sardo, agás media hora á semana que se dedicará ao inglés, e non usará nunca o italiano.

Fonte: AGI

Francia dá luz verde por medio dunha circular ao ensino de inmersión en linguas rexionais como o éuscaro

Tras unha decisión do pasado mes de maio que prohibía a inmersión como método de ensinanza, unha circular do Ministerio de Educación acaba de autorizar este tipo de modelo educativo de inmersión nas linguas rexionais francesas.

Fonte: France Bleu

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder