Mundo
A canle de televisión en linguas inuit Uvagut TV celebra o seu primeiro ano de existencia
A canle de televisión canadense Uvagut TV, que ofrece contidos en linguas indíxenas a todas as persoas de orixe inuit do Canadá, fai un ano de vida.
Fonte: Nunavut News
A autoridade unitaria de Powys quere reforzar o ensino de inmersión en galés
A autoridade unitaria de Powys, no centro de Gales, aprobou un novo plan educativo co que pretende ofrecer máis ensino de inmersión en galés para garantir que máis alumnado de todas as etapas educativas poida ser bilingüe en galés e inglés.
Fonte: The National
Unha mobilización reclama que o estudantado de Iparralde poida examinarse en éuscaro
Unha mobilización percorreu varias localidades de Iparralde para reclamar que estudantado de diferentes niveis de secundaria poida pasar os seus exames finais en éuscaro.
Fonte: Mediabask
Xa se coñece en Iparralde o itinerario da Korrika 2022, a carreira a prol do éuscaro

A 22 edición da Korrika, carreira de relevos a prol do éuscaro, organizada pola asociación AEK, xa conta con itinerario en Iparralde. Trátase dun percorrido que atravesará o País Vasco francés en dous tempos.
Fonte: Mediabask
Francia ten dificultades para contratar profesorado de alemán
O crecente interese que o alumnado mostra pola aprendizaxe do inglés leva a que escolas bilingües de toda Francia teñan dificultades para contratar profesorado de alemán. Un grupo de nais e pais decidiron montar unha axencia de contratación para mitigar este problema.
Fonte: DW
Un colectivo a prol da lingua galesa publica un vídeo para promover o uso do galés
O colectivo a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (ou Sociedade da Lingua Galesa) publicou un vídeo onde anima a cidadanía galesa a se sumar ao reto de superar o millón de falantes de galés.
Fonte: The National
Medra o número de falantes do portugués en todo o mundo
O uso do portugués non deixa de medrar en todo o mundo. A lingua de Camões rexistrará un crecemento pronunciado até o final do século sobre todo grazas ao crecemento poboacional de África e ao interese da China.
Fonte: ISTOÉ
A lingua chinesa goza de popularidade en Turquía
Un número crecente de persoas en Turquía manifestou o seu interese por aprender a lingua chinesa e rexistrouse para realizar cursos impartidos por institucións educativas de aprendizaxe do chinés.
Fonte: China Daily
O Goberno do Reino Unido destina máis fondos á canle de televisión en lingua galesa S4C
O Goberno do Reino Unido destinará 7,5 millóns de euros adicionais á S4C, canle de televisión que desempeña un papel moi importante na preservación da lingua galesa.
Fonte: Wales Online
Un proxecto promoverá o uso do gaélico irlandés en Dublín
O Goberno da República de Irlanda e o ministro de Deportes e Gaeltacht (ou zonas de fala irlandesa), Jack Chambers, aprobaron destinar 325 mil euros á organización Conradh na Gaeilge para que implemente o proxecto BÁC le Gaeilge que pretende incentivar o uso do gaélico irlandés na cidade de Dublín.
Fonte: Government of Ireland
Boletín
Subscríbase ao boletín