Mundo

A pandemia da covid-19 axudou a incrementar o número de persoas que aprenden córnico

A proliferación de aplicacións e cursos en liña de córnico son dous exemplos que evidencian o incremento do número de persoas que decidiron aprender esta lingua durante a pandemia da covid-19.

Fonte: BBC

 

Lanzan un programa de apoio empresarial para falantes de portugués na cidade de Wrexham

A cidade galesa de Wrexham lanzou un programa de apoio empresarial para axudar a falantes de portugués a expandiren o seu negocio. A poboación portuguesa de Wrexham é a terceira maior comunidade internacional da cidade.

Fonte: Althahbiah

Créase no Brasil a Academia da Lingua Nheengatu

O nheengatu ou tupí moderno foi unha lingua indíxena amplamente difundida no Brasil en tempos pasados. Hoxe está en perigo de extinción e un grupo de persoas da rexión amazónica brasileira decidiu crear a Academia da Lingua Nheengatu para promover o seu uso.

Fonte: Terra

Portugal presenta o seu plan de acción cultural para 2022

O Ministerio de Asuntos Exteriores e o Ministerio de Cultura de Portugal presentaron o seu Plan de Acción Cultural Externa para o ano 2022 que seguirá apostando pola valorización da lingua e cultura portuguesas alén fronteiras. 

Fonte: República Portuguesa

O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Grega

Como cada 9 de febreiro, tanto Grecia como moitas comunidades gregas do mundo organizan actos para celebrar o Día Internacional da Lingua Grega. Este ano o tema escollido é "Lingua da ciencia, lingua do corazón".

Fonte: ANSAmed

Porto Editora e o Instituto Camões seguirán colaborando para a difusión da lingua portuguesa

O Instituto Camões e Porto Editora renovaron por dous anos o seu acordo de cooperación no ámbito do programa Empresa Promotora da Lingua Portuguesa. A colaboración permitirá reforzar a estratexia de internacionalización do portugués.

Fonte: Sapo

O País de Gales celebra o Día da Música en Galés

O País de Gales celebra a sétima edición do seu Día da Música en Galés co fin de honrar todos os xéneros musicais da lingua galesa e promover a súa difusión.

Fonte: Tivy-Side Advertiser

Un estudo revela que o nivel educativo e a habilidade lingüística inflúen á hora de aceptar os procesos de vacinación

Un estudo realizado polo Instituto Robert Koch de Alemaña determinou que o nivel educativo e a habilidade lingüística son algúns dos factores que inflúen na decisión de se querer vacinar.

Fonte: The Mayor

Alemaña prohibe a emisión da canle rusa RT en lingua alemá

O regulador alemán dos medios de comunicación anunciou a prohibición en Alemaña das emisións da canle rusa Russia Today (RT) en lingua alemá. Moscova criticou a medida e anunciou represalias.

Fonte: Politico

Noruega aproba a introdución en noruegués dun pronome neutro

O Consello Lingüístico de Noruega aprobou a introdución na lingua norueguesa do pronome neutro "hen" que se empregará como alternativa aos pronomes "hun" (feminino) e "han" (masculino).

Fonte: Notícias ao Minuto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder