Mundo

Publican un estudo sobre o mirandés, segunda lingua oficial de Portugal

A Academia da Lingua Asturiana (ALLA, polas súas siglas en asturiano) publicou o estudo El Mirandes: historia, contexto y procesos de formación de palabras de Alberto Gómez Bautista.

Fonte: La Voz de Asturias

O Goberno da República de Irlanda aproba un proxecto de lingua de signos para apoiar persoas xordas

A ministra de Educación da República de Irlanda, Norma Foley, anunciou a aprobación dun proxecto de lingua de signos para dar apoio a alumnado xordo que estude en escolas recoñecidas de toda Irlanda e cuxa lingua materna sexa a lingua de signos irlandesa.

Fonte: Gov.ie

O Goberno de Gales aproba un investimento destinado a crear novos centros de inmersión en lingua galesa

O ministro de Educación e Lingua Galesa do Goberno do País de Gales, Jeremy Miles, anunciou a consecución de once proxectos de inmersión en lingua galesa en nove autoridades locais de todo Gales para fortalecer o crecemento no número de falantes de galés. Un dos centros de inmersión será construído na cidade de Aberystwyth.

Fonte: Cambrian News

Unha lingüista defende o estatuto da lingua caboverdiana como oficial

A lingüista e xornalista caboverdiana Karina Moreira defendeu que o crioulo caboverdiano debe ter un estatuto oficial que garanta a creación dunha norma para promover o seu uso.

Fonte: Notícias ao Minuto

Unha estudante india crea un sistema que traduce lingua de signos en tempo real

A estudante india de Ciencias da Computación, Priyanjali Gupta, creou un sistema que pode traducir en tempo real lingua de signos americana cara ao inglés.

Fonte: Notícias Magazine

Dúas mulleres indíxenas difunden a lingua quechua en redes sociais

Dúas rapazas indíxenas peruanas, Soledad Secca Noa e Danna Gaviota Tello, empregan as redes sociais para difundir contidos en lingua quechua e promover os seus valores culturais. 

Fonte: Ojo Público

Arrestan unha estudante universitaria no Tíbet por ensinar a lingua vernácula

A organización non gobernamental Tibet Watch denunciou a detención dunha estudante universitaria na Rexión Autónoma do Tíbet supostamente por ensinar a lingua tibetana.

Fonte: Free Tibet 

A Academia Francesa alerta da crecente utilización de anglicismos en francés

A Academia Francesa, institución encargada en Francia de regular o idioma francés, alerta nun relatorio que nos últimos tempos se está a incrementar o uso de termos procedentes do inglés.

Fonte: France Bleu

A comisión organizadora do festival nacional Eisteddfod de música e literatura en galés aspira a que a celebración deste ano sexa un grande éxito

A comisión organizadora do festival nacional Eisteddfod da música e da literatura en galés está xa a traballar para garantir que a celebración deste ano na vila de Tregaron sexa un grande éxito. Os dous anos anteriores o evento foi adiado por mor da pandemia da covid-19.

Fonte: Tivy Side Advertiser

Un filme en irlandés gaña un premio no Festival Internacional de Cinema de Berlín

A ministra de Turismo, Cultura, Arte e Gaeltacht da República de Irlanda, Catherine Martin TD, felicitou o equipo do filme en gaélico irlandés An Cailín Ciúin tras gañar un prestixioso premio no Festival Internacional de Cinema de Berlín.

Fonte: Gov.ie

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder