Mundo

A cidade de Newport aproba unha estratexia de promoción da lingua galesa

O municipio de Newport, no sur do País de Gales, aprobou unha nova estratexia de cinco anos para a promoción do ensino e uso da lingua galesa.

Fonte: South Wales Argus

O municipio de Gwynedd designa un oficial responsable da promoción da lingua galesa

O municipio de Gwynedd designou a Iwan Hywel como novo responsable que se encargará de desenvolver iniciativas para protexer e promover o uso do galés en toda a entidade local.

Fonte: North Wales Chronicle

Unha canción en bretón representará a Francia en Eurovisión

Unha colaboración musical da Bretaña, Alvan & Ahez, representará a Francia no Festival da Canción de Eurovisión cunha canción en lingua bretoa.

Fonte: The Connexion

Suspéndense as probas oficiais de lingua rusa para bachareis en Estonia

As sancións impostas a Rusia pola invasión de Ucraína obrigaron a suspender as probas oficiais de lingua rusa destinadas a alumnado de bacharelato en Estonia.

Fonte: ERR

A barreira do idioma é o maior problema co que se atopan as crianzas ucraínas que chegan a Portugal

O presidente da Asociación Nacional de Directores de Agrupamentos e Escolas Públicas de Portugal declarou que o maior problema co que se encontran as crianzas procedentes de Ucraína é a barreira do idioma e pide recursos para fomentar a aprendizaxe do portugués como lingua non materna.

Fonte: CNN Portugal

O Goberno do Quebec aproba un plan para apoiar a lingua francesa noutras provincias canadenses

O Goberno do Quebec aprobou un novo plan que garantirá a protección e promoción da lingua francesa no resto de provincias canadenses.

Fonte: CKPGToday

O Instituto Camões e unha editora renovan un acordo de promoción da lingua portuguesa

O Camões - Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa e a editora Lidel - Edições Técnic asinaron o seu protocolo de promoción da lingua portuguesa para o bienio 2022-2023.

Fonte: Notícias ao Minuto

A cidade de Edimburgo dedicará nomes de rúas a persoas que axudaron a promover e protexer o gaélico escocés

As rúas da cidade escocesa de Edimburgo poderán levar o nome de poetas e outros persoeiros que axudaron a protexer e revitalizar a lingua gaélica.

Fonte: Edinburgh Live

O descoñecemento da lingua luxemburguesa é a principal causa de discriminación en Luxemburgo

Un estudo sobre racismo elaborado polo Centro de Estudo e Formación Intercultural e Social (Cefis) e o Instituto Luxemburgués de Investigación Socioeconómica (Liser) revelou que a principal causa de discriminación cara á poboación estranxeira no Gran Ducado é o descoñecemento da lingua luxemburguesa.

Fonte: Contacto

A Comisión Europea en Portugal asóciase á plataforma de apoio lingüístico ás persoas refuxiadas "SPEAK For Ukraine"

Unha colaboración da Representación da Comisión Europea en Portugal e a Asociación Be Human permitiu crear a plataforma "SPEAK For Ukraine" que ten por meta axudar as persoas refuxiadas procedentes de Ucraína a que superen a barreira lingüística e creen unha rede informal de apoio.

Fonte: Comissão Europeia 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder