Mundo
O Canadá celebra o seu Día Nacional das Linguas Indíxenas
O Canadá conmemora o seu Día Nacional das Linguas Indíxenas e convida todas as persoas, pertenzan ou non ás comunidades orixinarias, a se concienciaren a favor da revitalización e protección das idiomas nativos canadenses.
Fonte: The Conversatation
O Colexio de Enfermaría de Portugal demanda clases intensivas de portugués para as persoas refuxiadas
A presidenta do Colexio de Enfermaría de Portugal, Ana Rita Cavaco, demandou cursos intensivos de lingua portuguesa destinados a persoas refuxiadas procedentes de Ucraína. O obxectivo é que estas persoas aprendan a lingua para que poidan exercer a profesión canto antes.
Fonte: Jornal de Notícias
O Goberno de Lituania incluirá clases en ucraíno no seu sistema educativo
O Goberno de Lituania adaptará o seu sistema educativo e introducirá clases de ucraíno no currículo para que o alumnado refuxiado procedente de Ucraína poida seguir estudando na súa lingua materna.
Fonte: The Mayor
O primeiro ministro da República de Irlanda pídelle ao Reino Unido maior compromiso coa lingua irlandesa
O primeiro ministro da República de Irlanda, Micheal Martin, declarou que o Reino Unido debe cumprir os seus compromisos coa lingua irlandesa en Irlanda do Norte e aprobar lexislación que garanta a súa protección.
Fonte: Irvine Times
Un premio das Asociacións de Universidades de Lingua Portuguesa recompensa os traballos que contribúan á aproximación de comunidades lusófonas
O Premio Fernão Mendes Pinto (PFMP 2022) da Asociación de Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués) recompensará con 8000 euros os traballos que contribúan á aproximación entre países pertencentes á Comunidade de Países de Lingua Oficial Portuguesa (CPLP).
Fonte: Universidade Federal do Pará
Un proxecto de lei garante a cooficialidade das linguas afroamericanas no Brasil
A Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que establece que os municipios brasileiros que teñen comunidades quilombolas poden recoñecer as linguas afrobrasileiras como cooficiais.
Fonte: Câmara dos Deputados
O municipio de Caerphilly aproba unha estratexia de cinco anos para incrementar o número de falantes de galés
O municipio galés de Caerphilly, no sur do País de Gales, aprobou unha estratexia para os próximos cinco anos que ten por obxecto incrementar o número de familias que falen galés na casa.
Fonte: Wales Online
O Goberno de Lituania exime as persoas refuxiadas ucraínas de falar lituano para conseguir un emprego
O Goberno de Lituania aprobou unha medida pola que exime as persoas refuxiadas de Ucraína da obrigatoriedade de falar lituano para poder traballar. A medida terá unha duración de dous anos.
Fonte: Delfi
Unha campaña demanda formación en lingua galesa gratuíta para profesionais do ámbito sanitario

A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith demandou que o colectivo de profesionais da saúde poida recibir formación gratuíta en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
A Universidade de Tartu organizará cursos de lingua estoniana este verán
A Escola de Linguas e Culturas Estranxeiras da Universidade de Tartu (Estonia) organizará a inicios de agosto cursos de verán de lingua estoniana. Unha media de 50 ou 60 estudantes asiste cada ano a estes cursos.
Fonte: Estonian World
Boletín
Subscríbase ao boletín