Mundo
Un centro cultural irlandés de Londres organiza un festival de cinema en gaélico
O Centro Cultural Irlandés de Hammersmith, en Londres, organiza Scannán, un pequeno festival que quere celebrar o éxito do cinema feito en gaélico irlandés.
Fonte: The Irish World
Marrocos introduce o uso do amazigh nas institucións públicas
Unha década despois de aprobar a lei que oficializa constitucionalmente a lingua bérber ou amazigh, Marrocos comeza a introducir o seu uso en institucións como o Parlamento e as administracións públicas.
Fonte: El Diario
Morre Ursula Bellugi, a nai da neurobioloxía das linguas de signos

A neurocientista estadounidense Ursula Bellugi, que demostrou que as linguas de signos son idiomas por dereito propio, faleceu aos 91 anos de idade.
Fonte: New York Times
Un etnolingüista tenta salvar da extinción unha lingua precolombina falada en Chile por só oito persoas
A lingua kawésqar é felada unicamente por 8 persoas no sur de Chile. O etnolingüista chileno Oscar Aguilera está tentando salvala da desaparición rexistrando o vocabulario e gravando arquivos de son.
Fonte: BBC
Un proxecto universitario busca protexer os dialectos da lingua inglesa
A Universidade de Leeds comezou a traballar nun proxecto que pretende analizar polo miúdo e protexer a gran variedade de dialectos que existen en Inglaterra. A idea é facer uso do importante arquivo sobre a lingua inglesa que existe na universidade.
Fonte: The Guardian
Unha comisión parlamentaria do Reino Unido considera a cultura e lingua galesas como un activo importante para o turismo do País de Gales
A Comisión de Asuntos Galeses no Parlamento do Reino Unido está intentando fortalecer o perfil turístico do País de Gales e ditaminou que a lingua e a cultura galesas son dous activos esenciais para o seu desenvolvemento turístico.
Fonte: Museums Association
Bolivia aproba unha lei para protexer as súas linguas nativas
O presidente de Bolivia, Luis Arce, aprobou a Lei que declara o período 2022-2032 como o Decenio das Linguas Indíxenas en consonancia coa ONU e que busca protexer e fomentar as linguas nativas do país andino.
Fonte: Noticias ONU
Un foro da ONU reivindica que se garanta o dereito dos pobos indíxenas a estudaren na súa lingua
No primeiro encontro presencial despois da pandemia, o Foro da Organización das Nacións Unidas sobre Cuestións Indíxenas reivindicou o dereito dos pobos de diferentes zonas do mundo a aprenderen nos seus respectivos idiomas nativos.
Fonte: Swissinfo.ch
O Forte de Salazar de Estoril albergará o Museo do Mar e da Lingua
O Forte de Santo Antonio da Barra ou de Salazar, no Municipio de Cascais, albergará o Museo do Mar e da Lingua. O espazo terá unha exposición permanente dedicada á lingua portuguesa.
Fonte: Echo Boomer
Lanzan un proxecto en Irlanda para fomentar o uso do gaélico irlandés nas familias
A organización sen ánimo de lucro, Gael Linn, lanzou o proxecto Féidir Linn para axudar as familias a incrementar o uso do gaélico irlandés.
Fonte: Irish Central
Boletín
Subscríbase ao boletín