Mundo
O discurso de apertura do Parlamento de Irlanda do Norte inclúe propostas para lexislar a favor da lingua gaélica
O discurso de apertura do Parlamento de Irlanda do Norte incluirá propostas concretas que apostan pola aprobación de lexislación a prol da lingua gaélica neste territorio británico.
Fonte: Belfast Telegraph
Lanzan un proxecto de alfabetización en francés no ensino primario de Luxemburgo
A partir do próximo ano lectivo, bota a andar un proxecto de alfabetización en francés en catro escolas primarias de Luxemburgo. Trátase dun proxecto experimental destinado a falantes de portugués e outras linguas de orixe latina.
Fonte: Contacto
Dúas mulleres de Cimbabue crean unha plataforma para ensinar idiomas africanos
Dúas empresarias de Cimbabue, preocupadas pola perda de diversidade lingüística no continente africano, lanzaron a plataforma dixital Vambo Academy para fomentar o ensino de linguas africanas en liña.
Fonte: Swissinfo
Unha asociación pide a oficialización das linguas da comunidade negra de Mauritania
A Asociación para o Recoñecemento do Idioma Pulaar en Mauritania lanzou unha petición para que se recoñezan os idiomas da comunidade negra do país (pulaar, sooninke e wolof) e se poidan introducir no sistema educativo.
Fonte: La Vanguardia
O presidente de Timor Leste pide máis esforzo para a promoción da lingua portuguesa
O presidente de Timor Leste, Francisco Guterres Lú-Olo, destacou o crecemento que a lingua portuguesa experimentou no país asiático mais pediu máis empeño na súa promoción.
Fonte: RTP Notícias
Aproban unha norma que promove a aprendizaxe de linguas na illa de Jersey
O ministro de Educación da Illa de Jersey, no Canal da Mancha, aprobou unha norma que promoverá o ensino e a aprendizaxe de linguas comunitarias ou estranxeiras.
Fonte: BBC
A Universidade de Bangor ofrecerá a primeira licenciatura en liña de lingua galesa
A Universidade de Bangor anunciou que, a partir do próximo mes de setembro, ofrecerá por primeira vez unha licenciatura de lingua galesa completemente en liña.
Fonte: Nation Cymru
O presidente da República portuguesa defende a promoción do portugués no ámbito da cooperación e o ensino
Con motivo do Día Mundial da Lingua Portuguesa, o presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, defendeu a importancia de desenvolver políticas comprometidas coa lingua portuguesa no ensino, a cooperación e a cultura.
Fonte: Notícias ao Minuto
Asínase un acordo para protexer e preservar o estudo das linguas indíxenas de Centroamérica
Representantes dos ministerios de Educación e Cultura dos países que integran o Sistema de Integración Centroamericana (SICA) asinaron un acordo en Panamá para potenciar o estudo e protección das linguas indíxenas da rexión centroamericana.
Fonte: Prensa Latina
Máis de cincuenta países celebran o Día Mundial da Lingua Portuguesa

O día 5 de maio, un total de 50 países de todo o mundo celebran a terceira edición do Día Mundial da Lingua Portuguesa con iniciativas culturais de diferente índole.
Fonte: Dnoticias
Boletín
Subscríbase ao boletín