Mundo
Publican un dicionario en liña da lingua indíxena Noke Koin
O Centro Integrado de Aprendizaxe en Rede e a Facultade de Letras da Universidade Federal de Goiás (Brasil) crearon un dicionario de Noke Koin, lingua indíxena falada na Amazonia brasileira.
Fonte: Jornal UFG
A Universidade de Bangor lanza un proxecto de recursos dixitais en lingua galesa para estudantes
A Universidade de Bangor presentou un proxecto que creará 130 unidades didácticas para estudantes do País de Gales que cursen materias por medio da lingua galesa.
Fonte: India Education Diary
A acollida de alumnado estranxeiro en estadías lingüísticas é esencial para o desenvolvemento económico do Canadá
O ministro de Inmigración, Persoas Refuxiadas e Cidadanía do Canadá declarou que a acollida de estudantes internacionais para melloraren as súas competencias lingüísticas é primordial para acadar os obxectivos económicos do país.
Fonte: The Pie News
Unha boa parte da investigación sobre biodiversidade non chega a coñecerse por estar en linguas diferentes ao inglés
Un estudo revela que unha boa parte das investigacións que se realizan no mundo sobre biodiversidade non transcenden no ámbito científico porque están escritas nas linguas locais e normalmente non se traducen ao inglés.
Fonte: The Guardian
Designan un responsable de salvagardar e protexer o francés de Guernsey
A Comisión da Lingua de Guernsey acaba de designar un presidente que se ocupará de desenvolver e promocionar a lingua vernácula da illa de Guernsey, o chamado guernésiais ou francés de Guernsey.
Fonte: BBC
A Comisión Europea abre unha liña de atención telefónica en ucraíno e ruso
A Comisión Europea acaba de habilitar unha liña de atención telefónica en ucraíno e ruso para cuestións relacionadas coa axuda destinada a Ucraína.
Fonte: European Commission
A Universidade do Miño impartirá clases de lingua portuguesa gratuítas a persoas refuxiadas procedentes de Ucraína

A asociación CIVITAS de Braga e a Universidade do Miño, a través do seu centro de linguas, anunciou que ofrecerá prazas gratuítas de portugués como lingua estranxeira a persoas refuxiadas procedentes de Ucraína.
Fonte: Diário do Minho
Tres programas de noticias difunden e dignifican tres linguas orixinarias do Perú

O Perú financia a retransmisión de tres programas de noticias, Ñuqanchik, Jiwasanaka e Ashi Añame, que serven para difundir e promocionar o uso de tres linguas orixinarias: o quechua, o aimará e o asháninka.
Fonte: DW
O ensino de galés a persoas adultas da Universidade de Bangor recibe o cualificativo de excelente
A oficina encargada da inspección educativa da lingua galesa, Estyn, cualificou como excelente o servizo de ensino de galés para persoas adultas da Universidade de Bangor.
Fonte: North Wales Chronicle
Unha universidade chinesa adhírese ao proxecto Mapas do Confinamento para difundir a cultura lusófona entre a cidadanía chinesa
A Universidade de Estudos Estranxeiros de Beijing adheriuse ao proxecto Mapas do Confinamento co obxectivo de difundir a cultura lusófona entre a cidadanía chinesa.
Fonte: Plataforma
Boletín
Subscríbase ao boletín