Mundo

O Consello de Cornualles renova o seu compromiso coa promoción da lingua córnica

O Consello de Cornualles renova o proxecto co que aspira a seguir promocionando a lingua córnica un ano despois de que o Reino Unido considerase a Cornualles como minoría nacional.

Fonte: Cornwal Council

Xorden novas polémicas sobre o uso da lingua francesa no Canadá

Diversos acontecementos acaecidos nos últimos tempos demostran a situación en desvantaxe da lingua francesa no Canadá. Por exemplo, ultimamente saíu á luz que non existen membros de mando que falen francés na empresa ferroviaria CN e isto demanda unha resposta contundente por parte do primeiro ministro Justin Trudeau.

Fonte: France 24

A autoridade unitaria de Carmarthenshire promocionará o uso do galés nas pequenas empresas

A autoridade unitaria de Carmarthenshire, no norte do País de Gales, aprobou medidas que axudarán a potenciar o uso do galés nas pequenas empresas.

Fonte: Nation Cymru

O Partido Laborista australiano financiará a aprendizaxe dunha segunda lingua nas escolas comunitarias

O Partido Laborista de Australia prometeu financiar o estudo dunha lingua comunitaria en escolas locais se gaña as eleccións do mes de maio.

Fonte: The Sydney Morning Herald

A Unesco celebra o Día da Lingua Chinesa

A Delegación Permanente da China na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) organizou un acto para conmemorar o Día da Lingua Chinesa. No evento participaron ademais delegacións de 80 países.

Fonte: Ecns.cn

O Brasil celebra o seu Día Nacional da Lingua Brasileira de Signos

O Brasil celebra o día 24 de abril o seu Día Nacional da Lingua Brasileira de Signos para conmemorar o recoñecemento deste idioma como oficial.

Fonte: Rádio Senado

Microsoft inclúe o zulú e o somalí no seu sistema de tradución automática

As aplicacións de tradución asistida de Microsoft inclúen agora o somalí e o zulú como linguas de busca.

Fonte: Microsoft

O comisario de Linguas Oficiais do Canadá reclama que todos os eventos do primeiro ministro sexan retransmitidos en inglés e francés

O comisario de Linguas Oficiais do Canadá, Raymond Théberge, declarou que todos os eventos emitidos en vivo na páxina de Facebook do primeiro ministro Justin Trudeau deben estar tanto en inglés como en francés para así poder respectar o acordado na Lei de Linguas Oficiais.

Fonte: Castlegar News

O frisón prospera socialmente grazas ao traballo dunha asociación de Frisia

Grazas ao traballo da asociación Afûk, a lingua frisoa conseguiu progresar como lingua comunitaria na rexión neerlandesa de Frisia.

Fonte: Global Voices

O sector do ensino da lingua inglesa a escolares estranxeiros está en risco no Reino Unido

O incremento dos trámites burocráticos despois do Brexit e o impacto da pandemia da covid-19 son dous dos motivos que explican por que os escolares estranxeiros están deixando de vir ao Reino Unido para aprenderen inglés. Esta situación podería pór en risco 40 000 postos de traballo.

Fonte:The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder