Mundo
O comisario da Lingua Galesa outorga unha distinción a 29 empresas galesas polo seu compromiso co galés
O comisario da Lingua Galesa, Aled Roberts, outorgou a distinción Cynnig Cymraeg a 29 empresas de todo o País de Gales que mostran un compromiso firme co uso e promoción da lingua galesa.
Fonte: Business Live
Publícase un libro que aborda as novas tendencias da lingua portuguesa en Mozambique
Unha investigación de 15 autores e autoras traballaron na obra Português Moçambicano, un libro de dous volumes que agora ve a luz en Mozambique e que aborda as novas tendencias da lingua portuguesa neste país.
Fonte: DW
Traducen un portal informativo para xente nova a ucraíno e inglés
A plataforma informativa e educativa para a xente nova estoniana Teeviit, escrita orixinalmente en estoniano e ruso, foi agora traducida a inglés e ucraíno.
Fonte: ERR
O Parlamento do Reino Unido aproba finalmente unha lei que protexe o gaélico e o escocés do Úlster en Irlanda do Norte
O Goberno do Reino Unido aprobou finalmente medidas lexislativas que outorgarán protección legal para o gaélico irlandés e o escocés do Úlster en Irlanda do Norte.
Fonte: RTÉ
O Perú lanza unha campaña que fomenta o uso das linguas indíxenas
O Ministerio de Cultura do Perú lanzou a campaña “Hablemos nuestras lenguas. El eco de los pueblos” coa que pretende fomentar e valorizar as linguas indíxenas que se falan no país andino. A campaña forma parte da Semana da Diversidade Cultural e Lingüística.
Fonte: Swissinfo.ch
O Goberno de Gales aproba un plan para incrementar o número de profesorado capaz de impartir clases en galés

O Goberno do País de Gales revelou un plan de 10 anos para incrementar o número de profesores e profesoras capaces de falar e impartir clases en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
Portugal aproba unha proposta para contratar intérpretes de lingua de signos no servizo nacional de saúde
O Parlamento de Portugal aprobou unha proposta do partido PAN (Persoas-Animais-Natureza) para permitir a contratación de 25 intérpretes de lingua de signos no servizo nacional de saúde.
Fonte: Diário de Notícias
Un pobo orixinario de Yukon crea unha aplicación para difundir a súa lingua nativa
O pobo orixinario de Liard, no territorio canadense de Yukon, no Canadá, lanzou unha aplicación para difundir e salvagardar a lingua nativa kaska.
Fonte: CBC
Convocan unhas bolsas para aprender croata en Croacia
A Oficina Estatal Central de Croatas no Estranxeiro convoca unhas bolsas para o estudo e a aprendizaxe da lingua croata durante o curso 2022-2023. Todas as persoas croatas ou descendentes de familias croatas poden solicitar as axudas.
Fonte: Total Croatia News
Unha gran marcha pide en Belfast lexislación a favor do gaélico irlandés

Milleiros de persoas marcharon polas rúas da cidade norteirlandesa de Belfast para reclamar lexislación que protexa o gaélico irlandés e garanta dereitos para os seus falantes en Irlanda do Norte.
Fonte: Irish Times
Boletín
Subscríbase ao boletín