Mundo

A provincia canadense de Columbia Británica inviste na revitalización das linguas nativas

O territorio canadense de Columbia Británica destinará novos fondos aos programas de revitalización das linguas nativas das Primeiras Nacións que habitan a provincia.

Fonte: E-know

Nace un novo sitio web na República Checa de noticias en alemán

O novo servizo de noticias Tschechien News naceu co obxectivo de ofrecer artigos de actualidade e noticias en alemán á poboación xermanófona residente neste país.

Fonte: Prague Morning

A Universidade de Swansea lanza unha estratexia de promoción da lingua galesa

A Universidade de Swansea, no norte do País de Gales, elaborou unha ambiciosa estratexia de promoción da lingua galesa tanto no seo da universidade como na vida pública en xeral.

Fonte: Swansea University - Prifysgol Abertawe

A normalización da lingua tamazight en Marrocos é un proceso cheo de obstáculos

Un informe elaborado pola Federación Nacional de Asociacións Tamazight revela que o proceso de integración do tamazight ou bérber na vida pública e no ensino de Marrocos é aínda un proceso lento e cheo de obstáculos.

Fonte: Morocco World News

Unha enquisa revela que a cidadanía do Quebec é pesimista sobre o futuro da lingua francesa

A enquisa "Confederation of Tomorrow", realizada no Quebec, revela que nunca antes a cidadanía quebequesa se mostrou tan pesimista sobre o futuro da lingua francesa.

Fonte: Policy Options

O Instituto Cervantes ansía a reimplantación da Lei do Español no Brasil

O director do Instituto Cervantes, Luis García Montero, defendeu que o Brasil analice a posibilidade de reimplantar a chamada Lei do Español, que obrigaba as escolas a ofreceren o ensino do español como segundo idioma.

Fonte: UOL

A escritora brasileira Nélida Piñón doa unha biblioteca ao Instituto Cervantes do Río de Xaneiro

Nélida Piñón, unha das escritoras brasileiras de maior traxectoria, decidiu deixar a súa biblioteca persoal de 8000 libros ao Instituto Cervantes do Río de Xaneiro.

Fonte: Correio do Povo

Un dúo de artistas honra a lingua manx co seu novo álbum

A cantante Ruth Keggin e a arpista escocesa Rachel Hair publicarán o seu álbum Lossan co que queren honrar a lingua gaélica manx, falada na Illa de Man.

Fonte: Isle of Man Today

O festival Rock in Rio Lisboa aposta pola comunicación das persoas xordas

A edición deste ano do festival Rock in Rio Lisboa apostou pola comunicación das persoas xordas ao incluír intérpretes de lingua de signos nos concertos.

Fonte: Yahoo Notícias

O comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias pronúnciase sobre a invasión rusa de Ucraína

O comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias expresou a súa solidariedade co pobo ucraíno e denunciou nun comunidado que é inaceptable que Rusia siga a empregar a situación do ruso como lingua minoritaria en Ucraína como pretexto para a agresión militar.

Fonte: Council of Europe

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder