Mundo
A cidade de Swansea acolle un festival de música en galés
A cidade galesa de Swansea acollerá a segunda edición do Gŵyl Tawe, festival que celebra a música en lingua galesa.
Fonte: Nation Cymru
A Coordinadora de Ensino da Lingua Portuguesa en Venezuela retoma os exames de certificación de portugués
A Coordinadora de Ensino da Lingua Portuguesa en Venezuela retomou as probas de certificación de portugués como lingua estranxeira. Un total de 195 persoas fará o exame en cinco niveis diferentes.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo ofrece unha intensa programación de verán para público infantil
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo ofrece un intenso programa de actividades de verán para público infantil. Trátase da primeira axenda cultural para crianzas desde que reabriu o museo.
Fonte: CNN Brasil
Un estudo mostra un incremento no número de falantes de gaélico escocés na última década
Unha enquisa realizada polo Centro Escocés de Investigación Social revelou que na última década houbo un incremento do 30 % no número de falantes de gaélico escocés.
Fonte: The Inverness Courier
Un acordo permitirá que o alumnado da Cataluña do Norte poida aprender lingua catalá
O Estado francés, a Rexión Occitania e o Departamento dos Pireneos Orientais asinan un acordo histórico que permitirá que o alumnado do territorio da Cataluña do Norte (Francia) poida aprender a lingua catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ábrense en Iparralde tres novas liñas educativas de inmersión en éuscaro
Despois dun ano de mobilizacións, as escolas vascofrancesas de Larrau, Barcus e Irissarry abrirán novas liñas educativas de inmersión en éuscaro. No caso das dúas primerias será no ensino infantil e no caso da terceira no ensino primario.
Fonte: Sud Ouest
O pobo indíxena brasileiro aikaná pide incluír a súa lingua no Inventario Nacional da Diversidade Lingüística
O Instituto do Patrimonio Histórico e Artístico Nacional do Brasil incluirá a lingua indíxena aikaná no Inventario Nacional de Diversidade Lingüística (INDL, polas súas siglas en portugués) para realizar as pertinentes accións de salvagarda e promoción.
Fonte: Governo Federal
Unha nena de nove anos crea unha petición en liña para que a lingua de signos sexa disciplina escolar
Unha nena portuguesa de nove anos creou unha petición en liña para que a lingua de signos portuguesa poida converterse en disciplina que se imparta nas escolas.
Fonte: CNN Portugal
Un filme en gaélico irlandés bate récords de recadación en Irlanda e o Reino Unido

O filme en gaélico irlandés An Cailín Ciúin está a bater récords de recadación na República de Irlanda e o Reino Unido. Desde que se estreou hai un mes, o filme recadou máis de 600 000 euros.
Fonte: The Guardian
Unha campaña anima a cidadanía irlandesa a promover o uso do gaélico en toda a República de Irlanda
Unha campaña organizada pola asociación Foras na Gaeilge pretende animar a cidadanía da República de Irlanda a que promova o uso do gaélico fóra das Gaeltacht, ou zonas de fala irlandesa.
Fonte: RTÉ
Boletín
Subscríbase ao boletín