Mundo

A República de Irlanda aproba unha partida orzamentaria de 3,7 millóns de euros para normalizar o gaélico

A República de Irlanda destinará preto de 4 millóns de euros a dúas asociacións para que desenvolvan actividades e iniciativas que incidan na normalización do gaélico en todo o territorio irlandés. 

Fonte: Breaking news 

O Centro de Linguas da Universidade de Coímbra ofrece cursos de formación en linguas estranxeiras

O Centro de Linguas da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra (FLUC, polas súas siglas en portugués) abriu as candidaturas para os cursos de formación en linguas estranxeiras que terán lugar no primeiro semestre de 2022-2023.

Fonte: Universidade de Coimbra

Un estudo revela que as persoas neonatas poden aprender sons nas primeiras horas de vida

Un estudo publicado na revista científica Nature Human Behaviour revelou que as persoas neonatas poden aprender e procesar sons lingüísticos desde os primeiros momentos de vida.

Fonte: The Conversation

Un ambicioso plan prevé apoiar a economía das zonas onde a porcentaxe de falantes de galés é maior

O Goberno do País de Gales apoia un ambicioso plan que reforzará os piares económicos das zonas de Gales onde é maior a porcentaxe de falantes de galés.

Fonte: Insider

As persoas refuxiadas afincadas en Estonia deberán facer un curso de lingua estoniana

Como parte do seu programa de adaptación e integración en Estonia, as persoas refuxiadas procedentes de Ucraína deberán facer unha formación obrigatoria de lingua estoniana.

Fonte: ERR

Suecia quere introducir o requisito de coñecemento de sueco para poder solicitar a residencia permanente

O actual goberno socialdemócrata de Suecia anunciou que quere introducir probas de coñecemento de lingua e cultura suecas para aquelas persoas que queiran optar á residencia permanente.

Fonte: The Local

Nace un novo sitio web para o estudo da lingua occitana

Nace o sitio web occitan.org co fin de divulgar o estudo da lingua occitana. O novo espazo inclúe unha antoloxía de textos de moitas épocas diferentes e un dicionario de occitano.

Fonte: Jornalet

O Goberno do País de Gales creará 23 novas escolas de inmersión en lingua galesa

O Goberno do País de Gales revelará os plans que permitirán crear 23 novas escolas primarias de inmersión en lingua galesa. O obxectivo é dotar as autoridades locais de máis servizos educativos de inmersión na lingua vernácula.

Fonte: Cambrian News

Unha serie en lingua non inglesa concorre por vez primeira aos premios Emmy

A serie surcoreana Round 6 converteuse na primeira producida en lingua non inglesa a concorrer aos premios Emmy, garardóns que se conceden cada ano no eido da industria da televisión estadounidense.

Fonte: G1

Meta presenta un novo proxecto de intelixencia artificial que domina 200 idiomas

A empresa de tecnoloxía e redes sociais Meta acaba de presentar un proxecto de intelixencia artificial que é capaz de traducir en tempo real e dominar un total de 200 linguas.

Fonte: Computer Hoy

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder