Mundo

O Quebec quere introducir reformas lexislativas que melloren o status da lingua francesa

O Goberno do Quebec, a través da súa ministra de Relacións co Canadá, Sonia LeBel, enviou unha serie de propostas a Ottawa para mellorar o status da lingua francesa. Entre as medidas, o Goberno do Quebec quere que se supriman as normas de promoción da lingua inglesa na provincia.

Fonte: CBC 

A Asociación Cultural Catalonia de São Paulo ofrece novos cursos de lingua catalá

A Asociación Cultural Catalonia de São Paulo (Brasil) ofrecerá a partir de finais de xuño novas clases de lingua catalá de nivel básico e inicial.

Fonte: Aqui Catalunha

Nace a Rede Panhispánica de Linguaxe Clara

A Corte Suprema de Xustiza de Chile acolleu a constitución oficial da Rede Panhispánica de Linguaxe Clara (Red-PHLEC), un proxecto impulsado pola Real Academia Española (RAE) desde a presidencia da Asociación de Academias da Lingua Española (ASALE) co obxectivo de impulsar unha linguaxe clara e accesible en todo o mundo hispanofalante.

Fonte: Fundéu

Suráfrica introducirá a instrución en linguas nativas na escola básica

A ministra de Educación Básica da República de Suráfrica, Angie Motshekga, anunciou que o goberno surafricano está a elaborar un plan para introducir a instrución en nove linguas nativas a partir do terceiro curso do ensino básico.

Fonte: Business Tech

O Consello de Europa detecta incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Bosnia e Hercegovina

O Consello de Europa ditaminou no seu último informe que a falta de coordinación entre entidades de distinto nivel continúa impedindo o incumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias en Bosnia e Hercegovina.

Fonte: Council of Europe

Un filme norteamericano convértese no primeiro en ser dobrado ao idioma comanche

O filme norteamericano Prey, secuela de Predator, converterase na primeira película dobrada ao idioma comanche e con opción de subtítulos nesta lingua.

Fonte: CBR

Nacións Unidas pide protexer as linguas nativas do mundo

A Asemblea Xeral da ONU aprobou unha resolución impulsada por Colombia e Andorra onde fai un chamamento a todos os países do mundo para que protexan as súas linguas nativas.

Fonte: Swissinfo

A Axencia Rexional para a Lingua Friulana abre un concurso público sobre a certificación lingüística en friulano

A Axencia Rexional para a Lingua Friulana (ARLeF) abriu un concurso público para deseñar a certificación en lingua friulana e definir os niveis de coñecemento desta lingua seguindo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Fonte: Il Friuli

Nace unha nova plataforma dixital en lingua árabe

Sky News Arabia creou a nova plataforma dixital en lingua árabe SNABusiness.com que se especializará na análise económica e ofrecerá reportaxes detalladas sobre diferentes temas de actualidade dos países de fala árabe.

Fonte: Arab News

Preséntase un novo dicionario de lingua tibetana

O Dalai Lama presentou na localidade india de Dharamsala o dicionario de lingua tibetana Monlam que axudará a preservar e difundir a lingua tibetana tanto no Tíbet como na diáspora.

Fonte: The Tribune

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder