Mundo

Publican o primeiro libro CD de cancións e contos en lingua occitana

Grazas a unha campaña de financiamento colectivo, publicouse Lagastina, un libro CD de cancións e contos en occitano para que as crianzas vaian incorporando o uso desta lingua no seu día a día.

Fonte: Jornalet

As aventuras de Tintín poden lerse agora en crioulo caboverdiano

A Universidade de Cabo Verde en Praia presentou a primeira tradución á lingua caboverdiana dunha banda deseñada das aventuras de Tintín. Trátase do primeiro volume da colección e levará o título de Tintin na Tibeti.

Fonte: Sapo

España acudirá á Feira de Frankfurt cun 25 % dos títulos en linguas oficiais diferentes ao castelán

O ministro de Cultura, Miquel Iceta, e o presidente da Feira do Libro de Frankfurt, Jürgen Boos, presentaron o programa do evento internacional que contará coa participación de España como convidado de honra. O ministro declarou que o 25 % das obras que se presentarán na feira serán en linguas oficiais do Estado diferentes ao castelán.

Fonte: La Vanguardia

 

O Brasil celebra a Semana da Lingua Alemá

As embaixadas no Brasil de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza celebran a sexta edición da Semana da Lingua Alemá neste país suramericano.

Fonte: Jornal do Comércio

Os resultados dunha enquisa revelan que o uso do éuscaro cae en Iparralde

Os resultados dunha enquisa realizada pola organización Clúster sociolingüístico revelaron que o uso do éuscaro no espazo público diminúe no País Vasco francés. O estudo foi realizado a pé de rúa entre setembro e outubro de 2021.

Fonte: Mediabask

A mocidade de Guinea-Bissau séntese discriminada por falar portugués

A xuventude de Guinea-Bissau séntese discriminada no seu propio país por falar portugués e crioulo xa que tanto as persoas francófonas como anglófonas se están a impor no mercado de traballo.

Fonte: Observador

Unha canle ucraína de televisión en lingua rusa quere derrocar a Putin

A canle de televisión ucraína en lingua rusa February Morning, que emite eminentemente para unha audiencia rusa, ten o obxectivo de derrocar o líder ruso Vladimir Putin.

Fonte: The Guardian

A asociación AEK ofrece cursos de verán de éuscaro en Iparralde

A asociación de ensino de éuscaro AEK ofrece diferentes cursos desta lingua para persoas adultas durante o verán no País Vasco francés.

Fonte: Mediabask

Lanzan un novo sitio web de noticias para persoas que aprenden galés

Lanzan, co gallo do festival da lingua galesa para mozos e mozas Urdd Eisteddfod, o sitio web Lingo360, un espazo en liña de noticias dedicado a persoas que estudan galés. 

Fonte: Nation Cymru

Cada vez máis ucraínos do leste de Ucraína rexeitan a lingua rusa

Desde o inicio da guerra en Ucraína, cada vez máis cidadáns ucraínos do leste de Ucraína decidiron adoptar a lingua ucraína como propia e rexeitar o uso do ruso como mostra de oposición ao exército invasor.

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder