Mundo
Unha nova lei do Quebec garantirá máis protección para a lingua francesa
O proxecto de lei 96 do Goberno do Quebec outorgará maior protección para a lingua francesa nesta provincia canadense. Entre outras cousas, a nova lei pretende afirmar que a única lingua oficial e común no Quebec sexa o francés.
Fonte: CBC
A biblioteca municipal da Maia ofrece un curso de lingua portuguesa a persoas refuxiadas procedentes de Ucraína
A biblioteca municipal de Maia, en Portugal, ofrece un curso de lingua portuguesa a persoas refuxiadas ucraínas co fin de facilitar a súa integración no país de acollemento.
Fonte: Notícias Maia
A rexión de Occitania acollerá un festival para promocionar e difundir o occitano e o catalán
A rexión francesa de Occitania acollerá a 16 edición do Total Festum, unha manifestación cultural que pretende difundir e promocionar as linguas occitana e catalá.
Fonte: Toulouse Infos
Milleiros de persoas maniféstanse na festa Herri Urrats para apoiar o éuscaro
A festa Herri Urrats, organizada pola federación vascofrancesa de ikastolas Seaska, congregou milleiros de pesoas para dar o seu apoio ao éuscaro.
Fonte: France Bleu
A Redadeg 2022 percorrerá este ano 2000 km para promocionar a lingua bretoa

A carreira a prol da lingua bretoa, Redadeg, percorrerá este ano 2022 km. O diñeiro recadado será destinado a proxectos que promocionen e desenvolvan o bretón.
Fonte: Mediabask
Publícase unha biografía de Fernando Pessoa en lingua portuguesa
A editorial Lúcia Pinho e Melo anunciou que publicará en lingua portuguesa a mítica biografía de Fernando Pessoa escrita polo autor estadounidense Richard Zenith. A obra levará o título de Pessoa - Uma biografia.
Fonte: Diário de Notícias
Crean unha ferramenta de tradución asistida nunha lingua da Amazonia
Un equipo de investigación da Universidade Federal do Ceará (Brasil) creou unha ferramenta de tradución automática en nheengatu, a única lingua da Amazonia que procede do tupí antigo.
Fonte: G1
Un festival da canción alternativo potencia a diversidade lingüística de Europa
Recentemente celebrouse na localidade dinamarquesa de Tønder o festival Liet International que fomenta o uso das linguas minorizadas europeas na música. Nesta edición, 13 artistas de diferentes países, incluíndo Galicia, participaron no evento.
Fonte: Euronews
Pronuncian por primeira vez un discurso en gaélico irlandés na Asemblea de Irlanda do Norte
A deputada do Sinn Féin, Aisling Reilly, converteuse na primeira persoa en pronunciar un discurso íntegro en gaélico irlandés na Asamblea de Irlanda do Norte.
Fonte: RTÉ
Google Translate engage 24 novas linguas ao seu servizo de tradución automática

Google anunciou que engadiu 24 novas linguas ao seu repertorio de Google Translate. Entre estes idiomas destacan tres falados en América do Sur: guaraní, quechua e aimará.
Fonte: TechCrunch
Boletín
Subscríbase ao boletín