Mundo
Coímbra albergará a sede europea do Museo da Lingua Portuguesa
O protocolo de cooperación entre São Paulo e Coímbra permitirá que esta segunda cidade poida albergar a sede europea do Museo da Lingua Portuguesa.
Fonte: Mundo Lusíada
Unha carreira popular reivindica a transmisión da lingua occitana
A carreira popular La Passem percorrerá 600 km por toda Occitania para reivindicar o uso e a transmisión da lingua occitana.
Fonte: La Depeche
A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa terá un novo representante no Brasil
O Senado do Brasil escolleu un novo representante brasileiro na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa. Juliano Féres Nascimento ocupará o cargo de representante permanente do Brasil nesta institución que ten como obxectivo a promoción e defensa da lingua portuguesa, entre outros.
Fonte: Rádio Senado
O Parlamento de Nicaragua disolve a Academia Nicaraguana da Lingua

A Asemblea Nacional de Nicaragua disolveu a Academia Nicaraguana da Lingua no marco dunha campaña do Goberno do ditador Daniel Ortega.
Fonte: Gazeta do Povo
Córsega estudará o exemplo da recuperación do éuscaro para impulsar a lingua corsa

Euskadi e Córsega inician un protocolo de intercambio de experiencias que permitirá que a rexión insular poida aprender do proceso de revitalización do éuscaro e aplicalo ás políticas de promoción da lingua corsa.
Fonte: Swissinfo
Baixa o número de persoas competentes en lingua inuit no Goberno de Nunavut
Un estudo realizado por Statistics Canada revelou que o incremento no número de persoas inuit que traballa no Goberno do territorio canadense de Nunavut non foi proporcional ao uso do inuktitut nas esferas públicas. O número de persoas competentes nesta lingua diminuíu considerablemente en postos de traballo gobernamentais.
Fonte: Nunatsiaq News
Francia prohibe termos anglófonos do ámbito dos videoxogos
Co fin de preservar a pureza da lingua francesa, o Goberno de Francia prohibiu o uso de termos relacionados co ámbito dos videoxogos como 'gamer' ou 'e-sports' e propuxo no seu lugar formas tipicamente francesas.
Fonte: The Guardian
Unha canción en corso gaña o festival Liet International que fomenta o uso das linguas minorizadas europeas
Unha canción interpretada en corso pola cantante Doria Ousset gaña o festival Liet International que fomenta o uso das linguas minorizadas de Europa e que tivo lugar na localidade dinamarquesa de Tønder.
Fonte: Jornalet
O suahili é hoxe a lingua máis falada do continente africano
O suahili, unha lingua bantú orixinaria do leste de África que naceu como un dialecto "escuro", é hoxe a lingua máis comunmente falada no continente africano con 200 millóns de falantes. Un importante movemento quere convertela na lingua franca de toda África.
Fonte: BBC News
Unha investigación bota luz sobre diferentes aspectos da historia das linguas urálicas
Unha investigación realizada na Universidade de Helsinqui abordou a orixe e evolución das linguas urálicas e revelou que avatares demográficos drásticos influíron na difusión de idiomas como o finlandés, o estoniano e o húngaro.
Fonte: Science Daily
Boletín
Subscríbase ao boletín