Mundo
As persoas de orixe portuguesa afincadas en Luxemburgo poderán aprender luxemburgués en liña de balde
Unha nova plataforma dixital para o ensino da lingua luxemburguesa permitirá ás persoas portuguesas e de calquera nacionalidade aprender luxemburgués en liña de xeito gratuíto.
Fonte: Contacto
O conflito en Ucraína pode axudar a unir as diferentes comunidades lingüísticas que viven en Letonia
O primeiro ministro de Letonia, Krisjanis Karins, declarou que a guerra de Ucraína pode axudar a unir a sociedade letoa e eliminar as diferenzas que existen entre as diferentes comunidades lingüísticas que integran o país báltico.
Fonte: The Baltic Times
O Papa Francisco anima a cidadanía galesa a protexer e usar a súa lingua
Nunha misa dirixida á comunidade católica galesa en Londres, o Papa Francisco animou a cidadanía galesa a falar e preservar a lingua galesa e inspirar outras persoas a que sigan o mesmo camiño.
Fonte: Nation Cymru
O Consello Rexional da Bretaña acepta discursos en bretón e galó
A sesión plenaria do Consello Rexional da Bretaña permitirá pola primeira vez que os discursos que se fagan en bretón ou galó poidan ser interpretados simultaneamente ao francés.
Fonte: 20 minutes
A Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde aproba un fondo de apoio ao éuscaro
A Oficina Pública da Lingua Vasca de Iparralde (OPLB, polas súas siglas en francés) aprobou, co apoio do Goberno do País Vasco, un fondo común de dous millóns de euros para relanzar, despois da covid-19, a política lingüística de promoción do éuscaro no País Vasco francés.
Fonte: Sud Ouest
Medra o número de falantes de linguas estranxeiras en Finlandia
O ano pasado medrou en Finlandia o número de falantes de linguas estranxeiras en máis de 25000 persoas mentres que diminuíu o número de persoas que fala calquera das tres linguas oficiais do país nórdico: finlandés, sueco e saami. Esta cifra é a máis elevada na historia de Finlandia como país independente.
Fonte: YLE
Un proxecto quere elaborar un rexistro de frases en galés dirixidas a bebés

A organización de ensino en lingua galesa Mudiad Meithrin e o Centro Nacional de Ensino en Galés presentaron un proxecto co que aspiran a que as familias graven palabras ou frases en galés que empregan normalmente para se dirixiren ás súas crianzas. O obxectivo é elaborar unha colección de modismos de fala para bebés que pode servir para animar máis proxenitores a transmitiren a lingua ás novas xeracións.
Fonte: BBC
Suecia aproba unha nova lei que lle outorga máis poder ao pobo saami
O Goberno de Suecia aprobou unha nova lei que outorga máis poder ao pobo saami e que lles permite ter máis influencia á hora de tomar decisións sobre a lingua saami ou sobre outros asuntos de interese.
Fonte: Civil Rights Defenders
Máis de 1000 persoas asinan unha carta para solicitar que se aprobe lexislación a favor do gaélico irlandés en Irlanda do Norte
Unha carta dirixida aos gobernos do Reino Unido e da República de Irlanda foi asinada por máis de 1000 persoas para demandar que se aprobe dunha vez por todas lexislación a favor do gaélico irlandés en Irlanda do Norte.
Fonte: News Barrhead
A invasión rusa de Ucraína fai aumentar o interese pola lingua ucraína
A invasión rusa de Ucraína fixo aumentar o interese por aprender a lingua nativa deste país. Aplicacións como Duolingo incrementaron nun 577 % o número de usuarios que decidiron estudar ucraíno e, mesmo dentro das fronteiras do país eslavo, o interese por aprender e empregar o ucraíno no día a día ten aumentado considerablemente.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín